En 2º ESO estivemos estudando as variables que inflúen no comportamento dos gases e quixemos plasmalo nunha serie de experimentos moi sinxelos para que todas e todos poidades comprender ese comportamento.
Sabedes que todo o aire que nos rodea exerce unha forza sobre nós? Esa forza chámase presión. E a presión atmosférica é o peso que o aire exerce sobre a superficie terrestre. Aquí tedes unha presentación e un vídeo para que vexades mellor eses conceptos.
Con este experimento pretendemos demostrar que a presión dun gas é inversamente proporcional ao volume que ocupa.
Se seguimos indagando nas leis dos gases, atopámonos coa Lei de Charles.
Un exemplo claro da Lei de Charles é o funcionamento dos globos aerostáticos
Segundo a lei de Charles, se un globo se enche cun gas quente, o seu volume debe expandirse. A un volume elevado, o globo ocupa un volume maior có mesmo peso que o aire circundante; a súa densidade é agora menor que a do aire frío e, en consecuencia, o globo comeza a subir.
Aquí tedes outro experimento que tamén o demostra.
O experimento do Xeo Seco explica perfectamente esta lei
Agardamos que vos divertísedes e aprendésedes moito co noso traballo.