Pero o mellor será que volo expliquen eles mesmos! Take a look!
OS POLBOS
A través de varios vídeos e contos, como "¿Y si un pulpo escalara un edificio?", aprendemos moitas cousas dos polbos que descoñeciamos! Por exemplo: sabiades que teñen 3 corazóns? Ademais, son animais moi intelixentes e contan cun gran cerebro na cabeza e un "minicerebro" en cada un dos seus oito tentáculos. Estes están cubertos por máis de 200 ventosas que empregan para atrapar e suxeitar ás súas presas. Despois, co seu pico, rompen a comida para poder comela.
Fascinante, non si?
AS MEDUSAS
Estes animais viven nos océanos de todo o mundo e poden ser de varias formas e tamaños, así como de diferentes cores. A máis grande chámase "medusa melena de león" e pode chegar a medir ata 37 metros!
Para atrapar a comida, usan os tentáculos, pican á presa, e cos brazos orais introducen o alimento na boca.
Non teñen corazón, cerebro, ósos nin orellas!
Ademais, como curiosidade, existen dende moito antes que os dinosauros! Amazing!
Unha vez investigamos sobre estes animais, decidimos investigar tamén sobre o lugar onde viven: o océano. Para iso, visionamos o seguinte vídeo e , a partires de aí, decidimos facer un experimento.
"O MAR NUNHA BOTELLA"
Como vedes, para realizar este experimento empregamos: auga, aceite e colorante azul.
Primeiro, botamos a auga e o colorante e, a continuación, botamos aceite. Comprobamos que, ao tentar mesturalos, non só non se xuntan, senón que observamos burbullas e formas moi similares ás que atopamos no fondo do mar!