Científicos da Universidade de Bath atoparon unha clara relación entre o rendemento dos nenos/as nas probas de aritmética e de alfabetización e a lonxitude relativa dos seus dedos índice e anular.
Os científicos cren que o vínculo é causado polos diferentes niveis de testosterona e estróxenos presentes no individuo dentro do útero materno e o efecto que teñen tanto no desenvolvemento cerebral como na lonxitude dos dedos.
A nosa curiosidade levounos a formular un estudo de campo para investigar o Indice Biométrico D2:D4 que estuda a relación entre a lonxitude do dedo índice e a do dedo anular da man dereita do alumnado de Galén matriculado en 4º ESO, 1º e 2º de Bacharelato.
O tamaño da mostra foi de 100 alumnos/as, que nos ofreceron información sobre as súas habilidades e preferencias, así como a súa Ratio D2:D4, dos que o 55% foron homes e o 45% mulleres.
Participación por xénero
Participación por idades
Os índices biométricos relacionados coas aptitudes de ciencias son aqueles menores de 1.
Os índices biométricos relacionados coas aptitudes en lectoescritura son os maiores de 1.
Observamos que o 67% das persoas matriculadas en ciencias posúen un IB menos de 1 ( propio de ciencias).
Ao 20% posuÍndo IB maior de 1 (propio de letras) resúltanlle máis doadas as ciencias. Posiblemente isto é debido a que a estimulación en idades temperás foi adecuada e permitiu integrar a estimación matemática de xeito adecuado, xa que a linguaxe matemática e a operatividade realízase co lóbulo cerebral dereito, ao igual que as letras.
Na linguaxe escrita matemática atopamos dúas formas de codificación: unha gráfica (lingüística) e outra simbólica (conceptual), cada unha das cales depende de determinadas funcións cerebrais hemisféricas:
o Gráfico. Letras que dependen da lingua (cinco, dez, cen, cen, catro). Está relacionado coa linguaxe e polo tanto depende da actividade do hemisferio esquerdo, que se encarga das funcións verbais.
o Símbolos. Os díxitos, son representacións abstractas do número que dependen da cultura. Están relacionados principalmente co hemisferio dereito; neste caso non está directamente relacionado coa lingua falada.
Só un 12 % non posúen IB de ciencias e atopan maior facilidade nas letras,; posiblemente a súa elección académica se deba á maior oferta no emprego que teñen as carreiras de ciencias.
O 44% dos matriculados en letras posúe IB maior de 1 ( letras). O 48% , aínda que posúe IB menor de 1 ( ciencias), atopou maior facilidade nas letras. Só o 8% do alumnado de letras ten IB de ciencias e atopan maior facilidade nas ciencias.
Non hai ninguna muller matriculada en letras que teña IB de ciencias e que lle resulten máis doadas as ciencias.