O proxecto foi valorado polos diferentes axentes que participaron nestas propostas e foron varios os instrumentos empregados.
O deseño e desenvolvemento do proxecto foi analizado e valorado nunha reunión do equipo de biblioteca na que se revisaron as tarefas propostas e os resultados finais.
Ademais o profesorado puido expoñer a súa opinión nun claustro ao final de curso. No que non só se revisou o proceso deste proxecto senón tamén se fixeron propostas de traballo para o próximo curso.
Realizáronse dúas enquisas diferentes. Por unha banda, fíxose unha enquisa aos usuarios da biblioteca sobre o seu funcionamento e as actividades que se levaron a cabo, incluídas as relacionadas co proxecto. Por outra, dende xefatura de estudos propúxose outra enquisa sobre o desenvolvemetno da Semana cultural.
Para avaliar os estándares traballados en diferentes materias realizáronse rúbricas distintas.