Reciclaxe

A sociedade moderna empúxanos a estar constantemente adquirindo aparellos que ao pouco tempo fican obsoletos. Entramos así nunha espiral consumista que moitas veces só persegue o beneficio económico dunhas poucas empresas que nos enredan a través de campañas publicitarias.

Reflexionamos sobre os hábitos de consumo responsable e de reutilización e reciclaxe de produtos xa adquiridos.