Invisibles son todos aqueles homes e mulleres que traballan día a día para dar protagonismo á ciencia galega.
O alumnado de 1º e 2º ESO, nas materias de física e química e matemáticas, buscaron información sobre cada un destes persoeiros. Crearon carteis informativos onde se mestura coñecemento e poesía. Recolleron datos relevantes da súa vida persoal e profesional que van acompañados dun poema creado polo alumnado relacionado co persoeiro. Ao mesmo tempo que se reivindica a relevancia de estes científicos ponse de manifesto a creación de versos que recollen o cotiá.
Esta é a nosa pequena homenaxe a todos/as as invisibles.