A obra de Jaume Plensa, un dos máximos expoñentes da escena escultórica actual, inspira ao alumnado de plástica para crear esta intervención artística.
Despois de aproximarse á obra do artista e de recoller plásticos deseñaron a súa obra.
A intención desta intervención é facernos reflexionarnos sobre o abuso do plástico no noso día a día, un problema global que non aprezamos na xusta medida. Pretendeuse recrear os problemas que xera a contaminación por plásticos no fondo mariño.