A finalidade deste xogo é que o alumnado percorrar a exposición Eu protesto dun xeito lúdico e didáctico.
Seis grupos traballan de maneira colaborativa para poder abrir os seis cadeados que pechan a caixa protesta. Deberán facer dez paradas, que están sinalizadas, para responder a diversas cuestións.
Cada grupo recibe un sobre no que se recolle toda a información relevante: a misión, as instruccións e o reparto de papeis.
O xogo comeza depois de ver este vídeo.