Chanzos poéticos

O club de lectura durante o segundo trimestre gozou dos versos de Carlos Negro. Tiña a misión de seleccionar aqueles que máis lle gustasen para embelecer os CHANZOS das escaleiras que baixan ao patio.

Seleccionáronse versos que reivindican a igualdade, escribíronse e pegáronse. Foron moitos os que nos recreos colaboraron e participaron nesta iniciativa que se abriu aos demais compañeiros e compañeiras do centro.

Entre todos crearon estes CHANZOS POÉTICOS dunha escaleira presidida pola intervención artística creada polo alumnado de plástica: bolborestas negras dominadas por bolborestas violetas símbolo da igualdade.