Bloque 4. A tectónica de placas: unha teoría global
Contidos
B4.1. Evolución histórica, dende a deriva continental á tectónica de placas.
B4.2. Mapa das placas tectónicas.
B4.3. Límites de placas. Procesos intraplaca e interplaca. Evolución futura. Ciclo de Wilson.
B4.5. Causas do movemento das placas. Relación coa dinámica do interior do planeta. Observación: entre os mecanismos do movemento prestarase especial atención ás correntes de convección.
B4.6. Mecánica das rochas. Esforzos e deformacións.
B4.7. Principais estruturas xeolóxicas: dobras e fallas. Observacións: Contidos relevantes dentro deste tema son: Elementos morfolóxicos dunha dobra; dirección e buzamento dunha dobra; tipos de dobras: anticlinal e sinclinal, antiforma e sinforma. Elementos morfolóxicos dunha falla; dirección e buzamento dunha falla; tipos de fallas: normal, inversa, horizontal, rotacional. Cabalgamento e manto de corremento.
B4.8. Evolución dos oróxenos. Procesos oroxénicos.
B4.9. Relación da tectónica de placas cos principais aspectos da xeoloxía e a paleoclimatoloxía do planeta. Observacións: Considerar a continentalidade, o efecto barreira dos oróxenos, a alteración das correntes oceánicas e a latitude á que se atopan as masas continentais en diferentes momentos da historia da Terra.
B4.10. Sismicidade, vulcanismo e tectónica de placas.
Estándares de aprendizaxe avaliables para o bloque 4
Entende por que se moven as placas tectónicas e que relación teñen coa dinámica do interior terrestre. Comprende e describe como se deforman as rochas: conceptos de deformación elástica, plástica e fráxil.
Coñece as principais estruturas xeolóxicas. Explica os principais trazos do relevo do planeta e a súa relación coa tectónica de placas. Comprende e explica a relación entre a tectónica de placas, o clima e as variacións do nivel do mar.
Coñece e argumenta como a distribución das rochas, a escala planetaria, está controlada pola Tectónica de Placas.
Comprende e describe a distribución da sismicidade e o vulcanismo no marco da Tectónica de Placas. Entende como evoluciona o mapa das placas tectónicas ao longo do tempo.
Deriva continental (Wegener) + Expansión del fondo oceánico (Marie Tharp eHeezen)= TECTÓNICA DE PLACAS
Wegener Marie Tharp e Bruce Heezen
O Panxea e Panthalasa
Teoría da expansión do fondos oceánico. Marie Tharp (XeoClip)
Marie Tharp, la geóloga que dio luz y color al fondo oceánico (Blog Mujeres con Ciencia)
#58 Ene15. Repsol, márgenes pasivos, Marte, Marie Tharp, fósiles sudamericanos
Imos a ver todos eses puntos
Falla de San Andrés
Resolto :)
Capa D e a convección
(Adela Otero e Xacobo de Toro)
Presentación de tectónica de placas (tamén ten deformación)
Outra boa presentación (descoñezo a autora)
Acordarse sempre en calquer formato de: título, puntos, fontes ou bibliografía (se son varias fontes), poñer algo de opinión...
Este é un exame doutro ano.