Ángeles Alvariño

María de los Ángeles Alvariño González, nada en Serantes (Ferrol) o 3 de outubro de 1916 e finada en La Jolla (San Diego) o 29 de maio de 2005 e coñecida como Ángeles Alvariño, foi unha zoóloga, oceanógrafa e mestra galega que liderou o comezo a investigación oceanográfica global.[1][2] Destacou por describir 22 novas especies de zooplancto mariño, o seu coñecemento dos quetognatos e por crear novos indicadores das condicións mariñas.[1][2] Comezou a súa carreira de investigación no Instituto Español de Oceanografía en Madrid e Vigo. A súa seguinte estadía foi a Laboratorio Mariño de Plymouth. Alí converteuse na primeira muller que participou como científica nunha expedición oceanográfica mundial, pois en 1953-1954 participou como investigadora na expedición do buque británico Sarsia. Desde 1956 ata o remate da súa carreira continuou a súa investigación nos Estados Unidos no Instituto Oceanográfico Scripps e no centro de investigación en pesca da NOAA.[2][3]

Ángeles Alvariño recibiu a Medalla de Prata de Galicia en 1993 e foi a figura que escolleu a Real Academia Galega de Ciencias para conmemorar o día 1 de xuño, o Día da Ciencia en Galicia, do 2015.[2][4][5] O Instituto Español de Oceanografía botou un buque en 2012 que leva o seu nome. (Wiki Galicia)

Retrato de Ángeles Alvariño, por Anxo Miján Maroño

Quetógnatos(Chaetognatha)

Quetógnatos ou quetognatos é un filo de animais depredadores mariños, que forman parte do plancto en todo o globo. Porén ao redor do 20 % das súas especies coñecidas son bentónicas e poden vivir adheridas ás algas e as rochas do fondo. Wikipedia

Ángeles Alvariño descubriu 22 especies

Áneles Alvariño. Oceánicas.pdf

Biografía de Ángeles Alvariño por Aberto González-Garcés

En Oceánicas.

Ángeles Alvariño. Laura Morrón.pdf

Biografía de Ángeles Alvariño por Laura Morrón

En Mujeres con Ciencia

Buque Oceanográfico

Ángeles Alvariño

Nosos logos