Ciencia Clip

Es estudante de Educación Secundaria? Tes unha idea xenial para explicar nun vídeo un concepto científico? Queres gañar un robot, unha viaxe a Naukas Bilbao 2020 ou unha visita ao CERN?

Ciencia Clip e un concurso de vídeos divulgativos de ciencia deseñados, producidos e protagonizados por estudantes de Educación Secundaria.

O obxectivo do concurso é fomentar o interese pola ciencia e a tecnoloxía. E ofrecerlles aos concursantes unha oportunidade de exercitar a súa creatividade e habilidades comunicativas empregando as ferramentas que proporciona Internet.

Ciencia Clip é unha iniciativa da Cátedra de Cultura Científica de la UPV/EHU, patrocinada pola Deputación Foral de Bizkaia, e na que colaboran o grupo Big Van e a plataforma Naukas e Scenio.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Poden participar estudantes da ESO, Bacharelato e dos ciclos básico e medio de Formación Profesional que conten coa aprobación dos seus pais ou titores legais.

FASES DO CONCURSO 2020

  • INSCRICIÓN E PARTICIPACIÓN
  • Do 3 de febreiro ao 20 de abril
  • Durante este período os concursantes poderán inscribirse completando o formulario correspondente.
  • SELECCIÓN E PUBLICACIÓN DOS VÍDEOS
  • Do 29 de abril ao 24 de maio
  • Os vídeos que cumpran coas bases do concurso serán publicados na web.
  • DIFUSIÓN E VOTACIÓN
  • Do 27 de maio ao 17 de xuño
  • Os vídeos seleccionados na fase anterior pasarán á votación do público.
  • VALORACIÓN DO XURADO
  • Do 18 de xuño ao 18 de xullo
  • Durante este período o xurado deliberará ata conformar a lista de gañadores.
  • ANUNCIO DOS GAÑADORES
  • 22 de xullo
  • Publicaranse os gañadores de cada unha das categorías (S, M e L) e modalidades (Youtuber e Animación).
  • ENTREGA DE PREMIOS
  • 19 de setembro
  • Durante o evento Naukas 20 en Bilbao celebrarase a entrega dos premios e anunciarase o gañador do premio especial do xurado.