Bloque 3. Rochas ígneas, sedimentarias e metamórficas
Contidos
B3.1. Concepto de rocha e descrición das súas principais características. Criterios de clasificación. Clasificación dos principais grupos de rochas ígneas, sedimentarias e metamórficas. Observacións: Coñecer a composición química e mineralóxica dos principais tipos de rochas (ígneas, sedimentarias e metamórficas)( ver apartados B3.5, B3.7 e B3.10). Coñecer as texturas ígneas (fanerítica, afanítica, porfídica e vítrea) e metamórficas (con orientación, e sen orientación ou granoblástica), e as estruturas plutónicas (batolito, lacolito, lopolito, filón-dique e filón-capa ou sill) e volcánicas (volcáns en escudo, estratovolcán, cono de piroclastos, domo e caldeira).
B3.2. Ciclo das rochas. Relación coa tectónica de placas
B3.4. Orixe das rochas ígneas. Concepto e propiedades dos magmas. Evolución e diferenciación magmática.
B3.5. Clasificación das rochas ígneas. Observacións: Lista de rochas ígneas que se debe coñecer: Plutónicas: granitos, diorita, sienita, gabro, peridotita. Volcánicas: riolita, andesita, basalto. Subvolcánicas: pegmatita.
Estándares de aprendizaxe avaliables para o bloque 3
Describe a evolución do magma segundo a súa natureza, utilizando diagramas e cadros sinópticos.
Comprende e describe o proceso de formación das rochas sedimentarias, desde a meteorización da área fonte, pasando polo transporte e depósito, á diaxénese, utilizando unha linguaxe científica adecuada ao seu nivel académico.
Comprende e describe o concepto de medio sedimentario, podendo localizar algúns deles en mapas, pola súa posición xeográfica ou xeolóxica.
Comprende o concepto de metamorfismo e os distintos tipos existentes, asociándoos ás diferentes condicións de presión e temperatura. Comprende e explica os fenómenos ígneos, sedimentarios, metamórficos e hidrotermais en relación coa Tectónica de Placas
SERIE DE BOWEN
Holohialina Hialocristalinas Holocristalina
Textura vítrea (También aplítica y microcristalina) porfídica pegmatítica
Rochas e magmatismo