Olimpiada de Xeoloxía

XI OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA: FASE GALEGA. CONVOCATORIA


A XI Olimpíada de Xeoloxía é una actividade convocada pola AEPECT (Asociación Española para la Enseñanza da Ciencias de la Tierra), a Sociedade Española de Xeoloxía e o Colexio Oficial de Xeólogos.

Nesta edición da Fase Galega contamos coa colaboración da Consellería de Educación, ademais das Facultades de Bioloxía de Santiago, de Ciencias da Coruña, E.M.E de Minas de Vigo, a Facultade de Ciencias de Ourense e o Concello de Viveiro e as probas realizaranse simultaneamente nestas cinco sedes.

BASES:

1. PARTICIPANTES:

Nesta actividade pode participar alumnado de 4º de ESO e Bacharelato.

2. INSCRICIÓN:

Os centros interesados en participar solicitarano, cumprimentando e enviando a ficha de inscrición que se xunta a: aepectgalicia@gmail.com, entre o 1 de novembro e o 15 de decembro de 2019. O número máximo de participantes por centro, nas sedes de Santiago e Vigo por cuestións de espazo, será de 8 alumnos/as (2 grupos). No resto das sedes non se establece un número máximo.

As probas terán lugar o mércores 12 de febreiro de 2020, entre as 11,30 e as 18,30 h

3. DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS:

-Proba teórica de 40 preguntas tipo test.

-Proba práctica con cuestións arredor do mapa topográfico, minerais, rochas, fósiles e paisaxes xeolóxicas.