Dadas as condicións de minifundio no entorno rural de Guillade, as parcelas dun mesmo propietario/a soen estar separadas fisicamente por parcelas doutros propietarios/as e acostuman posuír unha extensión mínima, dunhas poucas áreas. É raro atopar unha parcela que supere as 10 áreas. A seguir figuran as parcelas nas que imos prantando árbores.
Superficie aproximada 3 áreas (30 por 10 metros).
En decembro de 2013, plantamos 12 maceiras de variedades autóctonas galegas, a maioría mazás de mesa, en dúas fileiras de 6 maceiras cada unha.
A primeira fileira (sur), en orientación oeste-leste, leva 3 Camoesas, 1 San Isidro e 2 Roxelias.
A segunda fileira (norte), en orientación oeste-leste, leva 1 Sangue de Touro, 1 Príncipe, 2 Repinaldo, 1 Xosé Antonio, 1 Tornadela.
Superficie aproximada 1,5 áreas (30 por 5 metros)
En decembro de 2013 plantamos 6 maceiras nunha única fileira, en orientación leste-oeste leva: 1 Granny Smith, 1 Xosé Antonio, 1 Sangue de Touro, 2 Mingán, 1 de nome descoñecido, de cor branca, máis ben pequena, de novembro-decembro, traída de Marín (Branca de Marín).
Decembro 2014:
Secou a maceira Granny Smith. Reemprázase por unha Sangue de Toura. Secou a de cor branca e substitúese por unha Mingán.
Marzo 2015:
Auméntase a superficie plantada unhas 4 áreas máis (400 metros), con 16 maceiras, en tres fileiras:
- 3 Regona, 2 peros brancos; 2 prieta, 2 marafonsa, 2 tres en cunca, 2 ollo mouro, 3 reineta raiada (do país).
Outubro 2017:
As maceiras referidas antes arden a causa dun incendio.
Marzo 2019:
Sobre os brotes renacidos enxértanse variedades autóctonas locais: de Natal, De Pebida, Colorada de outubro, etc.
Superficie aproximada 7,5 áreas (50 por 15 metros, forma irregular). Plantáronse 2 castiñeiros e 2 nogueiras do país compradas de 2 anos, outras dúas nogueiras de 1 ano, 1 cerdeira para enxertar (decembro 2013).
Decembro 2014
Plántanse de estaca 11 maceiras variedade Salgueiriña, para sidra. Facemos 8 buracos para plantar nogueiras e polo momento prantáronse 2 nogueiras ventureiras (en total hai xa 6 nogueiras plantadas).
Superficie aproximada de 2,5 áreas (30 por 8 metros)
En decembro de 2012, plantamos 5 aguacates (de semente, para enxertar), 2 abeleiras, 2 nésperos, 2 milgrandeiras
Superficie aproximada de 8 áreas (dúas parcelas, de 20 por 25 m + 30 por 10 m). Plantamos en decembro de 2012:
4 maceiras: 1 Royal Gala, 1 Fuji, 1 Reineta branca, 1 Reineta (de setembro-outubro)
5 pexegueiros para enxertar (melocotón e peladillo)
2 cerdeiras (1 Burlat e 1 do país)
1 ameixa verde autóctona
1 paraguaio
1 laranxa navelina
1 clementina
2 nésperos
2 aguacates
2 guindeiras
En decembro de 2013:
2 mirabeles do país
2 ameixas cor vermellizo, comerciais (Fortuna e Santa Rosa)
1 ameixa morada pequena
2 pereiras comerciais (Victoria e Willians)
1 milgrandeira
Decembro 2014:
Plántase un limoeiro, 1 pexegueiro para enxertar e 2 claudias verdes.
Superficie aproximada 3,5 áreas (30 por 12 metros).
En xaneiro de 2014 plántanse 14 froiteiras (11 maceiras, 2 cerdeiras, 1 mirabel), en dúas fileiras, con orientación este-oeste.
Na primeira fileira, do lado sur, e dende abaixo a arriba plántanse: 1 cerdeira, 6 maceiras (2 maceiras repinaldo, 1 raíña de reinetas, 1 reineta encarnada, 1 sangue de touro, 1 príncipe)
Na segunda fileira, do lado norte, e dende abaixo a arriba, plántanse: 1 cerdeira, 1 mirabel, 5 maceiras (1 maceira mingán, 1 porta da loja, 1 de san xoán encarnada, 1 san isidro, 1príncipe).
Decembro 2014:
Plántase unha maceira reineta encarnada no lugar dunha cerdeira que secou.
Superficie aproximada 1,5 áreas (30 por 5 metros)
Plantadas, 2 laranxeiras navelinas (no 2011), 1 ameixa verde (autóctona, no 2012), 1 cerdeira (no 2011), 1 maceira enxertada (rosada de xullo, en 2012), 1 pexegueiro para enxertar, 1 cítrico para enxertar, 1 nogueira (en 2005, de noz, xa en produción), 1 limoeiro (en decembro 2103).
Superficie aproximada 10 áreas (dúas parcelas, a primeira de 40 por 15 metros, e outra máis recente de 20 por 20 metros)
O eido do Ledo sitúase nunha ladeira de monte, de orientación oeste (dálle o sol pola tarde), en varios socalcos. Meu pai prantou alí maceiras cando ía á escola en Guillade, é dicir, haberá como pouco 60 ou 65 anos, por suxestión do seu mestre. A maceira máis prantada era a coñecida como Salgueiriña, que madura en agosto e que tamén foi utilizada para sidra. Daquela tíñase por costume prantar as maceiras nos matos improdutivos dalgunhas veigas.
Na primeira parcela podemos atopar 4 ou 5 maceiras Salgueiriñas xa moi vellas (60/70 anos), 2 maceiras riscadas de novembro, 2 maceiras do Natal, e outras máis novas como unha maceira de San Xoán (enxertada por min hai máis de 10 anos), dúas tabardillas de setembro-outubro, unha Royal Gala de 4 anos, unha Fuji de 4 anos, unha Reineta (ou Tabardilla) verde-amarela de maduración en Agosto. Mezcladas no pomar hai outras árbores tales como:
Pexegueiros varios, ao menos media ducia, maduración desde fins de agosto a outubro.
3 Melocotoneiros, todos enxertados en pexegueiro, dunha variedade durácea (carne pegada ao óso) que madura en xullo-agosto.
3 Peladilleiros, enxertados, de dúas variedades, unha de San Xoán e outra de Agosto.
Pereiras de varias variedades (urraca, limoeiras de agosto, de xullo)
2 Pereiros de fins de xullo (cerquiños)
2 pereiras carneiras (outubro-novembro)
2 peros de Natal
2 guindeiras
1 néspero
2 abeleiras
1 oliveira
1 albaricoqueiro
1 mandarina
2 laranxeiras do país
1 figueira
3 feixoas
1 fatoeiro
1 ameixa verde
.....
Na segunda parcela, de terra máis cha e fértil as árbores son novas, menos de 10 anos, e podemos atopar:
3 claudias amarelas de maduración en xullo
1 claudia verde de agosto
2 melocotoeiros de comezos de agosto
1 peladilleiro de San Xoán
2 peladilleiros de comezos de agosto
2 peladilleiros brancos e duráceos de agosto
1 maceira rosada de xullo
1 albaricoque
1 néspero
1 laranxa navelina
1 limoeiro
Framboesas
1 pereira de San Xoán
1 paraguaio
1 maceira Golden
2 kiwis
3 portainxertos M9 para maceiras
En xaneiro de 2015 plantamos 14 árbores: 1 mirabel, 9 maceiras e 4 pereiras:
. Un mirabel, 1 reineta encarnada, 1 reina de reinetas, 1 reineta gris, 1 reineta branca, 1 Xosé Antonio, 1 Camoesa.
. Unha pereira bigán, 1 caruxa, 1 urraca grande, 1 willians, unha maceira sangue de touro, 1 repinaldo, 1 golden.
Outubro 2017:
As maceiras arden por causa dun incendio. Son repostas con variedades similares.