Nos foros que se detallan a continuación, recoméndannos diferentes patróns de maceiras e algunhas variedades autóctonas. Os patróns son tal vez máis importantes do que poidamos pensar, pois deles depende o vigor da árbore, o tempo que tarda en entrar en produción, a resistencia a enfermidades, e tamén a cantidade e calidade da froita obtida. Nestes foros fálannos dos patróns M9, M106 ou M111. E tamén dalgunhas variedades autóctonas de mazá como a Sangue de Touro, ou variedades para elaborar sidra.
http://www.infojardin.com/foro/showthread.php?t=229616
http://www.infojardin.com/foro/showthread.php?t=68180&page=3
http://foroarchive.infojardin.com/arbol-frutal/t-181824.html
http://frutales.wordpress.com/pepita/manzanos/
Moi interesante este artigo, de 32 páxinas, que leva por título "O enxerto en maceira", que pode servir de punto de partida pola información básica que achega.
OS NOSOS ENXERTOS
En marzo de 2019 compramos patróns para enxertar: BA29 para pereiras, e m106, m109 e m111 para maceiras, ata un total de 200 plantas, 50 de cada tipo.
En pereira enxertamos dúas variedades, a pera carneira (novembro-decembro), e o pero de natal (decembro-xaneiro).
En m106 varias variedades autóctonas da zona: mazá de pebida, colorada de outubro, mazás de natal (dúas variedades).
En m109 variedades de sidra, como Raxao e Roxelia, e algunha de mesa.
En m111 variedades de mesa: Xosé Antón, Sangue de Touro, Porta da Loja, San Benito e Mazás de natal.
VÍDEOS
Enxerto en pexegueiro, Vídeo técnico educativo da Casa do Produtor Rural da Escola Superior de Agricultura "Luiz de Queiroz" - ESALQ/USP, 8 min.
Enxertia com galho de laranja, 3 min.
Instruçoes para enxertia de citros, Vídeo técnico educativo da Casa do Produtor Rural da Escola Superior de Agricultura "Luiz de Queiroz" - ESALQ/USP, 8 min.