Frutais de pebida

Maceira

Segundo se recolle na Colección de cultivares autóctonos galegos de maceira (Malus xdomestica) do Banco de Xermoplasma de Mabegondo (documento pdf de 458 páxinas, con anexo fotográfico a partires da páxina 402), hai identificadas ata 408 variedades de mazá en Galicia.

Ver tamén o blog Frutales, coa descripción e imaxes das mazás galegas.

El cultivo ecológico del manzano, E. Dapena de la Fuente, M.ª D. Blázquez Noguero, M. Miñarro Prado. Servicio Regional de Investigación y Desarrollo Agroalimentario (SERIDA). Contextualizado no cultivo de mazás de Sidra, en Asturias. Artigo pdf de 18 páxinas. Moi interesante.

Control biológico en el cultivo del manzano, na web de SERIDA, Asturias.

http://www.occidente.com/pomarada/patrones.htm magnífica, clara e concisa descrición da pomarada sidreira dun asturiano, José Antonio Lebredo Fernández

Guía técnica para o cultivo de maceiras, publicación do proxecto de cooperación territorial Nuevos Horizontes, no noroeste de Galicia, menciona as variedades de mazá aconselladas nesa zona, pdf de 16 páxinas que toma como referencia básica o libro citado en primeiro lugar desta lista: "El cultivo ecologico del manzano". Ver información do proxecto no blog http://proyectonuevoshorizontes.blogspot.com.es/, que ten por finalidade IMPULSAR INICIATIVAS DE EMPREGO A TRAVÉS DA POSTA EN VALOR DE TERRAS AGRARIAS, MEDIANTE A RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO VEXETAL E O FOMENTO DE NOVAS PRODUCIÓNS DEMANDADAS POLOS MERCADOS.

Cultivo e aproveitamento da mazá de mesa, en Asturias, publicado por SERIDA (folleto)

En Viveiros Adoa, en Porriño, podemos conseguir variedades de maceiras galegas como a Sangue de Touro ou a Repinaldo.

PARA ELABORACIÓN DE SIDRA: (VER MÁIS INFORMACIÓN EN PÁXINA DEDICADA Á ELABORACIÓN DE SIDRA, NA SECCIÓN DOS NOSOS PROXECTOS.)

No Blog Frutales, atopamos unha sección dedicada ao cultivo das maceiras, no noroeste galego. Inclúe un vídeo sobre a elaboración de sidra no CFEA de Guísamo.

No Blog Frutales, guía caseira de elaboración de sidra artesanal, moi práctica!

Blog Sidra Galega, de J. Armenteros, en A Estrada. Elaboran sidra propia que exportan a EEUU.

Entrevista a J. Armenteros, de sidra Ribela, no xornal Galicia Confidencial, 03/02/2014

Variedades de mazás galegas para sidra, estudo da USC (marzo 2013)

No programa de TVG LABRANZA hai un programa de 9 minutos dedicado á elaboración de sidra en A Estrada.

Mazá de San Xoán

É a primeira das mazás que maduran no ano, e por esa razón, a máis esperada. De pel e carne branca, consistente e de sabor ácedo cando está a madurar, e termina sendo fariñenta e máis doce ao culminar a maduración.

A seguinte mazá tamén pode considerarse unha variedade de San Xoán (queda por confirmar) pois madura durante o mes de Xullo. A cor da pel é un rosa forte e tamén a carne é de cor rosada clara. É consistente de carne e máis fariñenta ao culminar a maduración. Moi aprezada tamén ao ser das primeiras mazás da tempada.

Mazá Reineta

Reinetas de agosto

Mazá grande, de fondo verde e riscas vermellas claras, moi boa.

Reineta pel de sapo

Madura en setembro-outubro, pel áspera de cor marrón claro, que termina por volverse fariñenta. Moi boa para asar.

Mazá Salgueiriña

Madura a partir de primeiros de agosto, moi aprezada para elaborar a sidra.

Mazá de pebida

Polo San Miguel (setembro-outubro). Excelente, de tamaño pequeno, carne dura, consistente de cor amarelento. Pode conservarse un par de meses en condicións favorables. Moi boa para asar.

Mazá de Repinaldo (??)

Mazá que madura desde fins de setembro e permanece na árbore boa parte do mes de outubro. De cor predominantemente rosado, máis branca pola parte inferior. Moi valorada.

Mazá riscada de novembro

Destacan as súas riscas vermellas, unha mazá á que lle custa madurar na árbore.

Mazá de Nadal

Hai ao menos un par de variedades de mazás de Nadal, que poden permanecer na árbore ata primeiros de xaneiro. É unha boa mazá, valorada tamén por ser a máis tardía. A variedade da imaxe ten moita tendencia a cubrirse a pel con morriña (fungo de cor grisáceo).

Pereira

Peras de San Xoán

Pera Urraca

Pera Limoeira

Pera Conferencia

Pera carneira

A pera carneira madura a partir de outubro e pódese atopar na árbore aínda durante todo novembro. É unha pera de forma redondeada, cor de fondo verdoso con tonalidade castaña, e carne dura con grans característicos arredor do seu corazón. A súa maduración aínda ten lugar unha vez que cae da árbore, necesitando uns días para que abrande e se poida comer. Tamén se pode gardar nun lugar fresco e seco durante un par de meses, é dicir, decembro e incluso xaneiro. É moi boa pera para asar no forno.

Pereiro

Peros cerquiños

De tamaño pequeno, maduran a partir de mediados do mes de xullo. Moi saborosos.

Peros de Nadal

Os peros de Nadal son os máis tardíos do ano e consérvanse na árbore ata principios de xaneiro. Recóllense aínda duros e déixanse uns días gardados para que maduren. Tradicionalmente prepárase un viño con peros, que son fervidos en viño tinto e engádese azucre, para tomar o día de Nadal.

Marmeleiro

Nespereiro

Videira

Milgrandeira

Cultivo del granado (Alicante)

Arandeira