Na nosa zona podemos atopar diferentes variedades de laranxeiras. A máis común é a laranxeira autóctona, con características propias dunha laranxa de zume, ácida ao inicio da súa maduración, en xaneiro e febreiro, e moi doce en marzo e abril.
Outras variedades que se están cultivando, traídas de fóra, son a late e a navelina. Esta última adáptase perfectamente e produce unhas laranxas moi doces, que comezan a madurar a finais de decembro e mantéñense na laranxeira ata o tempo da floración, que soe ser a fins de abril ou comezos de maio.
(Laranxa navelina)
As mandarinas do cedo comezan a madurar a máis tardar a finais de novembro (a da imaxe) ou comezos de decembro. Hai varias variedades, moi doces e aromáticas, as coñecidas clementinas e satsumas.