A feixoa é unha árbore orixinaria das montañas de Colombia, onde é coñecida como "guayaba serrana". De folla perenne e froito moi aromático, existen ata unhas 200 variedades recoñecidas. En Galicia maduran desde finais de setembro ata mediados de decembro.
Hainas de moitas formas e tamaños, entre as que destacamos: variedades de froito pequeno, redondeado, e moi exquisitas de sabor, que maduran a partir de outubro, outras con forma de pera, que maduran a partir do mes de novembro, e outras de tamaño moi grande, forma ovalada, que se aguantan na árbore ata mediados de decembro (a que aparece na imaxe). Para comelas é conveniente agardar que estean ben maduras, circunstancia que se detecta ao apalpala na man e notar a súa brandura.
Os kiwis, orixinario de Nova Zelanda, tróuxose para Galicia alá polo ano 1980. Son moi vizosos e producen grande cantidade de froita, que madura a partires do mes de novembro e pode manterse na árbore ata o mes de febreiro se non se expón a xiadas fortes. Unha vez recollido aínda se conserva un par de meses a temperaturas frescas.