O festival 2023 foi un dos máis concorridos e animados da nosa historia

O que che temos preparado

A música e o ambiente de romaxe encherán de novo o espazo da Bóla, ao pé da ponte románica da Ferraría, nunha nova edición do Festival do Río Castro. 

Unha cita que volve cargada de actividade para case toda a xornada, empezando xa a media mañá coa chegada das merendas que se xuntan para pasar o día á beira do río.

O programa inclúe sesión vermú a iso das 14.00h con Vai Rañala Meu!, xogos tradicionais despois do xantar e a actuación ás 18:00h. de Teatro Ghazafelhos, previa ao competitivo campionato de deportes rurais.

Para os concertos da noite convidamos a Tres Pesos, a Encrucillada, a Os Viqueiras e, para pechar, á Requinta da Laxeira.