A IDADE MODERNA EN ESPAÑA

A idade Moderna abarca desde o ano 1492 co descubrimento de América ata a Revolución Francesa en 1789.

1.-Antecedentes: 

Houbo unha serie de avances técnicos  e culturais como : a imprenta de Gutenberg: libros, cultura, novas ideoloxías relixiosas (humanistas, protestantes (Lutero) ,  ou avances na navegación coma: barcos, carabelas, astrolabio, brúxula,..., e inventos que permitiron  viaxes máis longos, aumento do comercio, da poboación, novas rutas descubertas... así coma as monarquías autoritarias (riqueza, ouro, poder,...). 

2.-Etapas:

Reinado dos Reis Católicos (Isabel I de Castela e Fernando II de Aragón. Unificaron os reinos da Península Ibérica. Primeiros reis autoritarios e conseguiron a unidade relixiosa (catolicismo coa Sta Hermandade) e territorial. Levaron a cabo unha política matrimonial cos seus fillos e netos. 

No Tratado de Tordesillas, España e Portugal en 1494 dividen os territorios a conquistar en América.


En 1516 o Reinado de Carlos I (V de Alemaña) e dende 1556 o de Felipe II ata 1598. Son da famila dos Austrias (mayores). Fórmase o Imperio Español (territorios nos 5 continentes de aí a frase "no imperio español, non se pon o sol"): a Armada Invencible. Nomearon os primeiros Virreis da Nova España en 1535 (Mendoza) ata o derradeiro no ano 1821.

Reinado de Felipe III, Felipe IV e Carlos II (e os seus validos, ministros). Son os Austrias menores.

Foi un periodo de crise política e económica (bancarrota) e, de desenrolo cultural (o Século de Ouro: granes artistas, pintores, escritores,....). 

En 1700, Felipe V (heredero da familia francesa dos Borbóns) e a guerra de Sucesión española. Despois foi o Reinado de Fernando VI, de Carlos III**, e de Carlos IV (ministro Godoy).  (**Carlos III cambiou a bandeira (cor branco) pola que temos actualmente). 

Centralizaron o Estado, o que trouxo unha nova forma de goberno o Despotismo ilustrado.

2.1.-Agricultura e comercio:

Algúns dos produtos traídos de América foron: cacao, patata, millo, tomate, pemento, ouro, prata,...

Intercambio comercial de produtos con América e Asia. 

As Navieras de barcos e Compañias de comercio (ex: Indias en Sevilla).

Créditos, Letra de cambio (a banca comeza o seu auxe), 


*A Ilustración foi un movemento cultural, político e científico que se desenrolou en Francia no s. XVIII e difundiuse por Europa coa obra a Enciclopedia. Pensamento centrado na razón (ciencia e filosofía, avances)

3.-Sociedade: segue dividida en estamentos: privilexiados (reis, nobres, clero) e non privilexiados (comerciantes (burgueses), artesáns, campesiños pero os nobres perden poder por culpa:

-Os reis son autoritarios pola riqueza que acumulan. Exército profesional...

-Os burgueses (comerciantes) adquiren grandes fortunas de diñeiro (aumento do comercio de América, Asia,..)


Vocabulario da Idade Moderna:

Burguesía:  grupo social composto polos comerciantes, os artesáns e os cidadáns libres que vivían nas cidades ou burgos. A burguesía cada vez tivo máis e máis poder e chegou a competir coa nobreza 

Gutenberg: inventor alemán da imprenta en 1440. Tivo un papel clave no desenrolo da cultura: na Ilustración e na Revolución Científica posterior. 

Ilustración: foi unha corriente filosófica, política, social e cultural que promoveu o progreso, o racionalismo e o liberalismo contra o poder real, a nobreza e o escurantismo católico (en Francia, Inglaterra e Alemaña a finais do s. XVII). En España extendeuse no s. XVIII co chamado "século das luces"

Lutero,Martín: (1483-1546) foi un sacerdote, monxe e teólogo alemán, figura central do movemento relixioso e cultural coñecido como a Reforma protestante.

Monarquía autoritaria: sistema de goberno de finais da Idade Media na que os reis teñen o poder político, os nobres e o clero van perdendo poder e o estado centralízase (desenrolo da burocracia, a administración, consellos, creación dun exército profesional e permanente...) 

Mouriscos ou mouriscas: musulmáns ou musulmanas, que conservaron a súa lingua e relixión, e continuaron habitando na península Ibérica despois da conquista dos cristiáns. 

Protestantismo: corriente relixiosa cristiana que tuvo o seu orixe nas ideas do alemán Martín Lutero no S. XVI Caracterízase por crer que a salvación non depende das obras senón da fe e por considerar a Biblia como a única fonte das súas ensinanzas. So teñen dos sacramentos, o bautismo e a eucaristía. 

Século de Ouro: é un periodo histórico ou movemento artístice entre o s. XVI (Renacemento) e XVII (Barroco) no que floreceron o pensamento, o arte e as letras en España (Velázquez, Cervantes, Quevedo, O Greco, Murillo, Sta Teresa de Xesús, Calderón de la Barca, Lope de Vega...)

Renacemento: é unha corrente artístico cultural de finais do S. XV en Italia e España que caracterizouse polo gusto polas culturas clásicas grega e romana, e polo humanismo.

Valido: persoa que gozaba da confianza dun rei e que exercía poder político. Os reis delegaban o poder nos seus validos.

Virrei persoa nomeada polo rei de España para administrar e gobernar os reinos ou territorios españois fora das nosas fronteiras naturais. Por ex: en América, Nova España (hoxe é Mexico), Cerdeña, Nápoles, Sicilia ou Portugal...Houbo 62 ata a independencia de México no ano 1821.