Tema 1: Os seres vivos
TEMA 1: OS SERES VIVOS
Temporalización 2ª quincena de setembro ate finais outubro ESQUEMAS
CONTIDOS (apuntamentos):
1).- Seres vivos e os seres inertes.
*Os seres vivos realizan as tres funcións vitais, teñen vida. Necesitan luz, auga,.. .
*Os seres inertes non teñen vida, polo tanto non realizan as funcións vitais (exs: pedra, mesa, coche,...)
*As funcións vitais son: nutrición (autótrofos, heterótrofos), relación, reprodución (sexual e asexual).
2).- A célula: é a unidade de vida máis sinxela que se coñece. Poden ser: animal e vexetal. Diferenzas
Partes das células:
a).- Célula animal ten: membrana, citoplasma, orgánulos, núcleo
b).-Célula vexetal ten: membrana, citoplasma, orgánulos, núcleo, cloroplastos e parede celular.
3).- Os organismos unicelulares (formados por unha soa célula) e pluricelulares (están formados por varias células)
4).- A organización interna dos seres vivos pluricelulares:
Célula, tecido, órgano, aparato ou sistema, organismo.
Os reinos dos seres vivos:
-Reino animal: son pluricelulares, aliméntanse doutros organismos.Poden ser vertebrados (columna) ou invertebrados. A maioría desprázase.
-Reino das plantas: son pluricelulares, fabrican o seu propio alimento e non poden desprazarse
-Reino dos fungos: son unicelulares (fermentos) ou pluricelulares (cogumelos)
-Reinos protistas (unicelulares e pluricelulares, como algas e protozoos)
-Reino das moneras (son unicelulares, os máis simples coma as bacterias)
6).- Os virus
7).- Instrumentos de observación: lupa e microscopio
Actividades: (mes de outubro)
Realizar guión e o esquema da unidade (copialo da pizarra no caderno).
Manualidade: recortable da célula (núcleo, citoplasma, orgánulos, membrana) e da organización dos seres vivos (organismo/lobo, sistema ou aparato, órgano, tecido, célula.
Debuxar célula animal e vexetal. Partes, semellanzas e diferenzas.