TEMA 6 : AS MÁQUINAS. ELECTRICIDADE E AVANCES DA CIENCIA"
1.- As máquinas
2.- Tipos de máquinas simples
-Máquinas simples
-Máquinas compostas
3.-A electricidade
-A corrente eléctrica
-O circuito eléctrico
-Compoñentes
-Tipos de circuitos
4.- O magnetismo (non entra na proba)
-O electromagnetismo
5.- Avances da ciencia, tecnoloxía e sociedade. (non entra na proba)
1,. Máquinas: é un aparello ou artefacto que utiliza enerxía para dirixir ou aproveitar a acción dunha forza e levar a cabo un traballo. Hai máquinas nos transportes, tarefas domésticas, no traballo, comunicacións..
Debemos facer un uso responsable das mesmas por seguiridade e hixiene (protección).
1.1.- Máquinas simples: están formadas por un ou moi poucos compoñentes. Exs: roda, panca, rampa, tobogán, vanvan, cuña, parafuso, carretilla, nora...
-Pancas: é unha barra ríxida cun apoio
1º xénero. Ex. tesoira (resistencia-apoio-forza. RAF)
2º xénero. Ex: quebranoces ( apoio-resistencia-forza. ARF)
3º xénero. Ex: pinza xeo (Resistencia-forza-apoio. RFA)
-Poleas: unha roda cun eixe e canle onde se enrola unha corda.
-Plano inclinado ou rampa. é unha superficie plana que forma un ángulo coa horizontal, co chan.
-Torno: é un cilindro onde se enreda unha corda/cadea cunha manivela.(Ex: barcos)
1.2.- Máquinas compostas: formadas pola unión de varias pezas ou compoñentes formando partes ou operadores. Compóñense de distintas máquinas simples chamados operadores mecánicos (rodas, eixes, engranaxe).
Hai:
-Operadores mecánicos (transmiten movemento) e forman mecanismos.
-Operadores enerxéticos que acumulan enerxía para funcionar a máquina. Exs: engranaxes reloxio (= os engranaxes son rodas con dentes).
Exs de máquinas compostas: tirarrollas ("sacacorchos"), grúa, bicicleta, ordenador, reloxio, pechadura, TV, coche....
2.- A electricidade.
a).-Carga eléctrica: é unha propiedade xeral da materia. Pode ser positiva (+) ou negativa (-).
Os corpos poden estar cargados: positivamente (máis cargas +), negativamente (se teñen máis -) ou neutros ( mesmo nº de cargas + e -). Os corpos con cargas de mesmo signo (+, +, ou - - ) repélense.
b).-A corrente eléctrica: é o movemento das cargas eléctricas a través dun material condutor. Hai materiais condutores (paso de cargas eléctricas. Exs: metais, ouro, prata, ferro...), semicondutores e illantes (non permiten o paso de cargas.Exs: madeira, plástico...).
A electricidade estática é unha acumulación ou exceso de carga eléctrica (+ ou -) prodúcese cando dous corpos entran en contacto (trasvase de cargas) e producese un "chispazo ou calambrazo".
c).-O circuito eléctrico: é un conxunto de compoñentes conectados entre sí.
-Compoñentes dun circuito:
Xerador: produce corrente eléctrica. Exs: pila, bateria,,..(xeradores eléctricos: solar, gasoil,eólicos)
Condutor: é o cable polo que circula a corrente e une os elemntos do circuito
Interruptor: é un compoñente que retén ou restablece o paso da corrente.
Receptor: é un compoñente do circuito que recibe ou transforma a corrente eléctrica.
-Tipos de circuitos:
-En serie: os compoñentes conéctanse un a continuación doutro.
-En paralelo: cada compoñente ten unha conexión independente e comparten os extremos. Por ex: nun coche
A proba será só dos puntos 1 ao 3, na semana derradeira de xuño (a partires do 15).
Actividades puntuables para a avaliación:
-Visual Thinking do tema. Dos puntos 1, 2 e 3.
-Revisión de cadernos.
-Proba escrita.