Tema 2

TEMA 2: (Resumo dos contidos)

A nutrición: o noso corpo necesita nutrientes e enerxía  para funcionar. Obtéñense grazas a función de nutrición.

Aparellos e sistemas que interveñen na función de nutrición. Son catro (4) que traballan de forma coordinada:  dixestivo, respiratorio, circulatorio, excretor. Cada un destes aparatos realiza unha tarefa


1.-A función de NUTRICIÓN: teñen lugar distintos procesos:

O osíxeno e os nutrientes tamén se transforman en materia, necesaria crecer e renovarse. Durante todo este proceso, prodúcense substancias de refugallo que o corpo expulsa ao exterior.

A).-O PROCESO DIXESTIVO

Ten varias fases e prodúcese nos diferentes sistemas: 


1.-Unha vez que se produce a inxesta de alimentos pola boca, transformanse no aparato dixestivo (tubo dixestivo+glándulas disxestivas) e parte deles saen polo aparato excretor (feces, ouriños, suor..)

2.-Parte dos nutrientes dos alimentos pasan ao sangue e de ahí ao resto do corpo.

Fases do proceso dixestivo (son 3):

1.Dixestión. 2.Absorción. 3.Saída dos refugallos.

*Tubo dixestivo: é o conduto polo que pasan os alimentos. Está composto pola boca,farinxe, esófago, estomago, intestino delgado, intestino groso e polo ano.

*Glándulas dixestivas: Son órganos que xeran substancias que facilitan a dixestión no tubo dixestivo. Son: glándulas salivares (na boca), fígado e páncreas.

*Órganos do aparato dixestivo = tubo dixestivo + glándulas dixestivas. É dicir, boca, glándulas salivares, farinxe, esófago, estómago, fígado, páncreas, intestino delgado e groso e ano.

*Quimo (no estómago): está formado polo bolo alimenticio + os zumes gástricos.

*Quilo (no intestino delgado, é a fase de absorción) formado polo Quimo + os zumes segregados polo fígado e páncreas. 

B).-A RESPIRACIÓN:

O aparato respiratorio obten osíxeno do aire (inspiración) e expulsa dióxido de carbono (coa expiración), que son transportados polo sangue. 

Formado polas: fosas nasais, a larinxe, a traquea, os bronquios, os bronquiolos, os pulmóns (2) e no seu interior,os alvéolos pulmonares onde se produce o intercambio de gases.

*Intercambio de gases: prodúcese nun saquiños chamados alvéolos pulmonares.

Neles, o osíxeno do aire pasa ao sangue e o dióxido de carbono do sangue é expulsado ao exterior.


C).-A CIRCULACIÓN:  (a viaxe dos alimentos). 

O aparato circulatorio: transporta os nutrientes e osíxeno a todas as células do organismo e recolle os produtos de refugallos para expulsalos

Está formado polo: corazón, os vasos sanguíneos (veas, arterias e capilares) e o sangue (líquido vermello que transporta nutrientes e gases e recolle os refugallos).

O corazón é o órgano que bombea o sangue. Formado por 2 cavidades superiores, aurículas e 2 inferiores ou ventrículos (ambas dereita e esquerda).

A circulación pode ser:

1.- Xeral ou maior: leva o sangue desde o corazón (ventrículo esquerdo, pola arteria aorta) e chega ás células de todos os órganos, onde desde os capilares, cede o osíxeno e recolle os refugallos. Ou o que é mesmo, leva o sangue osixenada a todo o corpo agás aos pulmóns e retorna desosixenada ao corazón (pola aurícula dereita).

2.- Pulmonar ou menor: é o recorrido que fai o sangue pobre en osíxeno desde o corazón dereito aos pulmóns a través da arteria pulmonar e volve osixenada ao corazón esquerdo a través da vea pulmonar.

D).-A EXCRECIÓN: (eliminación de refugallos do noso corpo)

Formado polo sistema urinario (riles (2), uretra, uréteres e vexiga urinaria) e as glándulas sudoríporas.

As glándulas sudoríporas:

-Repartidas pola pel. 

- Producen e eliminan suor. 

- A suor contén substancias tóxicas e axuda a regular a temperatura do noso corpo.

Fonte:  libro SM editorial

2.-Función de RELACIÓN (interven o sistema nervioso e o aparato locomotor).

É a que permite captar estímulos procedentes do exterior do noso corpo e responder a eles.

(Explicación: "podemos dicir que mediante esta función, o noso organismo capta o que ocorre tanto no medio externo coma no noso propio corpo por medio dos receptores, e responde de maneira máis axeitada (adecuada) grazas ao sistema nervioso e ao aparato locomotor").

Os sentidos: os receptores externos agrúpanse nos órganos dos sentidos: ollos, nariz, lingua, oídos e pel (reciben a información do exterior).

Os sentidos son: a vista, o olfacto, o gusto, o oído e o tacto.

O sistema nervioso: recibe a información que captan os sentidos, interprétaa e elabora as respostas apropiadas a cada situación.

Sistema nervioso está formado por : 

Sistemas Nervioso Central (SNC) + Sistema Nervioso Periférico (SNP)

1.-Sistema Nervioso Central (SNC): está formado polo encéfalo + médula espiñal.

A.-Encéfalo (protexido polo cranio), está formado polo: cerebro + cerebelo + bulbo raquídeo.

B.-Medula espiñal: atópase no interior da columna vertebral.


A.-Encéfalo: (cerebro + cerebelo + bulbo raquídeo).

Cerebro: interpreta as sensacións que recollen os sentidos. Controla a memoria, emocións e accións voluntarias.

Cerebelo: coordina os movementos e o equilibrio

Bulbo raquídeo: une o encéfalo coa medula espiñal e controla os movementos involuntarios.


B.-Medula espiñal: é un cordón de tecido nervioso que, a través dos nervios, conduce a información do encéfalo ao resto do corpo, e viveversa.


2.-Sistema Nervioso Periférico (SNP): 

Está constituído por un conxunto de nervios, que percorren o corpo e conectan o sistema nervioso central (SNC) cos órganos.