1.-PREHISTORIA. Ten tres grandes etapas:
-Paleolítico ou pedra antiga. Son nómadas, cazadores e recolectores. Entorno ao millón de anos
-Neolítico ou pedra nova: Son sedentarios, viven en poboados, gandeiros, agricultores. Aprx. 10.000 anos
-Idade dos Metais: viven en poboados, traballan os metais (cobre, bronce, ferro..), cerámica, agricultores e gandeiros. Xoairía. 6.000 anos a.C.
2.-HISTORIA: Divídese en catro grandes etapas.
Idade Antiga: aparición da escritura (3.500 a.C.) ata a caída do Imperio Romano de Occidente no 476 d.C.
Idade Media. desde a caída do Imperio Romano no 476 d.C ata o descubrimento de América no 1492
Idade Moderna. Desde o descubrimento de América no 1492 ata a Revolución Francesa 1789.
Idade Contemporánea: dende a Revolución Francesa 1789 ata os nosos días (2022).
Tema 5 "A Idade Media" (apuntes proba escrita)
Comeza coa caída do Imperio Romano de Occidente no ano 476 d. C. e remata co descubrimento de América en 1492.
Os pobos xermanos ou bárbaros (ostrogados, suevos, francos, visigodos, vándalos, anglo,...) procedentes do norte de Europa, invadiron a Península Ibérica aproveitando a gran crise do imperio romano no século III d.C. Teodosio dividiu o Imperio no 395 en dous, Occidente e Oriente.
Na Península Ibérica (España-Portugal na actualidade) os pobos xermánicos foron suevos, vándalos, alanos, visigodos.
Pobos que estiveron na Península Ibérica:
1.-Visigodos: asentáronse na Hispania (España) no s. VI (507 d.C.) ata a invasión musulmana no 711.
Capital: Toledo, gobernado por reis (monarquía). eran agricultores e gandeiros. Aproveitaron o latín (dos romanos) e a división en provincias. convertéronse ao catolicismo co rei Recaredo no ano 589.
Arte: Eran grandes orfebres, xoias en ouro e prata (coroas, broches,..). Igrexas pequenas coma a de Santa Comba de Bande en Ourense
2.-Musulmáns (Al-Andalus) chegou a Península no ano 711. Foi unha ocupación rápida. Permanecen na Península ata o ano 1492. Tivo 4 etapas:
711-756 etapa do Emirato dependente do califato de Damasco (Siria). Fórmase o reino cristián de resistencia en Asturias.
756-929 Emirato independiente, co reinado de Abderramán I. Os reinos cristiáns seguen avanzando cara o sur (reconquista).
929-1031 fórmase o Califato de Córdoba, indeoendente, con Abderramán III. Etapa de maior esplendor do Al-Andalus.
1031-1492. Etapa dos reinos de taifas, debido as loitas internas dividíuse en pequenos reinos ou taifas. Isto favoreceu o avance dos reinos cristiáns. Na batalla das Navas de Tolosa, no ano 1212, os crsitiáns conquistan Sevilla e os musumáns quedan reducidos ao reino nazarí de Granada. Son expulsados do reino de Granada no 1492.
Vida e cultura en al-Andalus:
Viven en cidades, coñecidas co nome de medinas, son centros culturais, económicos e políticos. Rodeadas de murallas e rúas estreitas. Fóra da cidade estaban os arrabaldes (barrios pobres). Adicábanse ao comercio e a artesanía na venda no mercado ou zoco.
Partes da medina: fortaleza militar, zoco ou mercado, celeiros (almacéns), baños públicos, mesquita (lugar de oración).
Legado do pobo musulmán:
-Economía. Agricultura: novas plantas (arroz, cítricos (laranxa, limón), alcachofa, azafrán, azucre,...
-Cultura: matemáticas (numeración), inventos (papel, astrolabio, compás, pólvora..), lingua (moitas palabras con a, al,..), cultura da auga (regadío, noria,..)
-Arte: edificios (mesquita, baños, palacios), decoración (figuras xeométricas e vexetais), monumentos (mesquita Córdoba, Torre del Oro, Alhambra (Granada)
Os reinos cristiáns
Os primeiros reinos cristiáns formáronse no norte da Península (Asturias) onde non poideron chegar os musulmáns. Iniciaron desde aí a conquista dos territorios ocupados polos musulmáns. Este proceso chámase Reconquista. Foron uníndose e separándose e cambiando de nome. Entre os reinos cristiáns destacaron:
-Reino de Castela e León no s. XI conquistou ata o sur do río Tajo ata chegar a dominar case toda a Península no s.XIII.
-Reino de Aragón, no s. XIII conquistou os territorios de Valencia e Baleares.
Outros: Asturias (722) e o reino de Galicia no s. X. (910 co rei Ordoño)
A finais do s.XIII había catro reinos: Castela, Navarra, Aragón e Granada conquistado no ano 1492 polos Reis Católicos, Isabel e Fernando, (dos reinos de Castela e Aragón).
Ver o mapa das etapas (evolución) da Reconquista da páx 97. Século XI ata o Tajo, século XIII coa batalla de Navas de Tolosa (1212) na que derrotan aos musulmáns, ata Estremadura, val do Guadalquivir, Valencia e Baleares. E no s. XV repobouse ata Granada de cristiás/áns.
A vida nos reinos cristiáns:
1.-Sociedade: dividida en tres grandes grupos ou estamentos (rei, nobreza-clero e pobo baixo) e en privilexiados e NON privilexiados. Privilexiados: rei, nobreza-clero e os NON privilexiados: pobo baixo.
Nobreza: vivían en castelos, eran vasalos do rei a cambio de extensións de terreo ou feudos. Loitaba e defendía os terreos e grupos.
O feudo divídese en reserva señorial con bosques, castelo e terras (é a parte da nobreza) e parte do pobo chamado manso (aldea e pequenas terras)
Clero: adícanse ao rezo e a ensinanza-cultura (libros, lectura, ). Vivían en igrexas e mosteiros. Tiñan propiedades.
Pobo baixo: traballaba as terras do señor e as propias para darlle unha parte da colleita ao señor feudal (diezmo ou imposto), formado polo campesiños, vivían nas aldeas arredor ou dentro do feudo.
Rexurdir das cidades:
A partir do s. XI as cidades ou burgos (habitantes chamáronlle burgueses, adicábanse ao comercio e artesanía (gremios, asociacións de artesáns)) adquiriron importancia gracias tamén ao Camiño de Santiago e a reconquista de terras. Os campesiños trasladáronse a elas. Había xograres (entreter ao público), mendigos, vendedores ambulantes,..
A cultura e a arte cristiás
Os centros culturais (oración, estudo, copia libros,..) e asistenciais foron os mosteiros. Co rexurdir das cidades apareceu a escola e as 1ª universidades.
O Camiño de Santiago:
Desde comezos do s.IX noticia da tumba do apóstolo Santiago, orixinou as peregrinacións a Santiago de Compostela a visitala desde toda Europa. Fixo que medrara o comercio, a artesanía e a difusión de estilos (arte románico e gótico) nas vilas do camiño.
Estilo Románico (s. XI-XIII): igrexas de muros grosos, escuras, pouca luz, ventás. Arco de medio punto e bóvedas de canón (nas cubertas). Gravados e esculturas relixiosas.
Estilo Gótico (s. XII-XVI) catedrais de muros grandes e altos, grandes ventás, vidrieras, luminosas...Arcos apuntados e bóvedas de crucería. Pinturas, esculturas e vidrieras con temas relixiosos.