TEMA 4

TEMA 4 

Temporalización 2ª quincena de febreiro ata a 2ª de marzo

Páxs libro 46 ata 59.

Demografía. Poboación

Sectores económicos (actividades económicas)

AVALIACIÓN: Non haberá PROBA ESCRITA deste tema, si un traballo de investigación ou un cuestionario-concurso dixital (tipo socrative).

TEMA 4 "As actividades económicas e demografía (poboación)". 

Os sectores económicos (en España e Galicia).

1.-O sector primario 

2.-O sector secundario

3.-O sector terciario.


1.-O sector primario en España e Galicia.

Agrupa todos os traballos relacionados coa obtención de produtos da natureza (agricultura, gandaría e pesca) ou materias primas (minaría).

1.1.-A agricultura:

Moi mecanizada, novas técnicas e aparatos empregados coma (a rega automática, invernadoiros, os drons, colleitadoras, sistemas domóticos, control de plagas, o acolchado ou mulching, cultivos ecolóxicos, investigación e innovación sementes,....)

Tipos de cultivos: 

-Secaño: cereais (trigo, cebada, avea, centeno), oliveira, viñedo, legumes (garavanzos, fabas..), amendoeiro,

-Regadío: hortalizas, cítricos, froiteiras, arroz, millo,...


1.2.-A gandaría:

Tipos de gando:

-Porcino, ovino, bovino, avícola, animais de granxa (coellos, galiñas, visóns,pavos, ..)

Modernizouse moito (tecnoloxía, pensos,..) e de forma intensiva.


1.3.-A pesca e a minaría:

Tipos:

-Pesca de altura (zona Atlántico, Pacífico,): pescada, atún, peixe sapo, peixe espada, bacallau,...

-Pesca de baixura (no Mediterráneo, Cantábrico, ou na costa de Galicia.). sardiñas, xarda, atún, luras, xurelo,...

 Minaría: é escasa e pouco importante.Carbón, ferro, cobre, chumbo, e rochas como: granito, mármore, xeso, lousa,...


Localización en España do sector primario (onde):

España húmida (norte): predominan bosques, pastos, e a gandaría.

España interior: cultivos de cereais, vide, oliveira, hortalizas preto dos ríos. Gando ovino, porcino e bovino.

España mediterránea: terras de cereais, vide, oliveira, cítricos. Gando porcino e avícola.

Canarias: Regadíos no litoral, e secaño no interior. Produtivos os cultivos de invernadoiro. Gando as cabras.


2.-O sector secundario:

Agrupa todas as industrias que se dedican á transformación dos produtos naturais.

2.1.-A industria en España: principais actividades industriais

-Industria alimentaria (conservas, galletas, doces,..)

-A siderúrxia (obtención de aceiro a partir do ferro) e a de produtos metálicos (ferramentas, pezas, maquinaria,..)

-A derivada do petróleo (pinturas, plásticos) e a química (medicamentos).

-A dos transportes (automóbiles, camións, pezas trens, avións,..).

2.2.-A construción: foi moi importante para outros sectores, servizos e empresas. Por ex: albaneis, arquitectos, carpinteiros, pintores, fontaneiros, electricistas,...

2.3.-A enerxía: as máis utilizadas son petróleo, gas natural, uranio, carbón, (fontes non renovables) e fontes renovables coma: a enerxía eólica, auga e enerxía solar.


Localización en España: 

As zonas de meirande concentración industrial están en Cataluña, Comunidade Valenciana, Madrid. 

En Galicia: a zona costeira coma Vigo, A Coruña, Arteixo ou Porriño.


2.4.-O percorrido dun produto é:

-A extracción da materia prima

-A produción, a transformación (tecnoloxía e traballo humano)

-A comercialización (ata o consumidor, almacenaxe, distribución. transporte ata o comerciante, venda ao consumidor).


3.-O sector terciario en España e Galicia:

Chamado tamén dos servizos está formado polas actividades que non crean ningún produto, senón que lle prestan servizos a outras persoas (comercio, transporte, turismo, sanidade, educación),...

3.1.-A prestación de servizos (son sanidade, educación, servizos comunitarios, administracións : Estado, Comunidade, Concello,, finanzas, bancos, actividades culturais e deportivas,..)

3.2.-O comercio interior e exterior: grazas o desonvolvemento do transporte, a U. Europea,,,,

3.3.-O transporte: a mellora favoreceu desenvolvemento doutras actividades: turismo, comercio, industria,..Rede de estradas, ferrocarrís, transporte marítimo, aeroportos,...

3.4.-O turismo: España é un país turístico, atractivo de España polo clima, praias, gastronomía, cultura,... o mesmo que en Galicia (clima, gastronomía, cultura (Camiño de Santiago, Hª), paisaxes, entornos naturais,...)


En que traballa a poboación española?.Antes aclarar uns conceptos:

-Poboación activa: conxunto de persoas maiores de 16 e menores de 65 (67) que traballan ou buscan traballo remunerado.

-Poboación ocupada: é a que ten traballo remunerado.

-Poboación en paro: e a que busca un traballo remunerado pero non o atopa.

-Poboación non activa: a que non realiza un traballo remunerado por diversas causas (estudantes maiores de 16, persoas dedicadas ao fogar, persoas discapacitadas,etc..).



 No tema: "As actividades económicas" de Ciencias Sociais abordamos os sectores económicos e actividades, dende o sector primario ata o terciario ou sector servicios, vamos a ver un video para comprender mellor o proceso da fabricación dun producto dende a súa orixe, materia prima (sector primario), ata a súa comercialización (sector terciario), como chega finalmente ao consumidor, aos nosos fogares. Estade atentos!!.


Exemplo de cuestións de repaso do T4  "Actividades económicas"

1.- Esquema dos sectores económicos ( primario, secundario e terciario) en España.

2.- Ordena de maior a menor os sectores económicos segundo a poboación ocupada neles en España.

Sector Primario. Sector secundario. Sector terciario

3.-Imaxina que compras un zume de laranxa embotellado, que sectores interviñeron nel?. Explica os pasos.

4.- Cal é o sector máis importante polo número de persoas, actividades, en España? Xustifica a túa resposta

5.- Indica si son verdadeiras ou falsas estas afirmacións

- Unha empresa fabrica produtos ou ofrece servizos..:........

- Todas as empresas pertencen ao mesmo sector económico

- As empresas pódense clasificar segundo o número de traballadores que teñen.

- A agricultura pode ser de secaño, baixura e regadío.


6.- Di algúns tipos de industria en España ou Galicia


10.-Cales son os cultivos da España interior?


12.-Que é a poboación activa?


14.-Cales son os principais atractivos turísticos de España e Galicia?

15.-Cales son as principais zonas turísticas de España e Galicia? e cidades máis turísticas?