TEMA 5: A MATERIA E A ENERXÍA
Temporalización: abril-maio (páxs: 72 á 95 do libro de texto).
1.- A materia
-Propiedades xerais: masa e volume
-Propiedades específicas (que diferenzan).
2.-Estados da materia. Cambios:
-Sólido, líquido, gasoso, plasma
3.- Substancias puras e mesturas.
-Tipos de mesturas: homoxéneas e heteroxéneas.
4.- Métdos de separación de mesturas
5.- Cambios na materia:
-Físicos
-Químicos. Reaccións químicas.
6.- A enerxía
-Formas de enerxía (luz e calor)
-Propiedades da enerxía
-Fontes de enerxía: renovables e non renovables.
-Consecuencias do consumo da enerxía.
7.- A electricidade (no seguinte tema)
-Circuitos eléctricos
Actividades a realizar: :
-Visual thinking (resumo-esquema visual do tema ou dos diferentes contidos escollidos). É unha unha forma de explicar ideas usando debuxos sinxelos, palabras clave e esquemas en lugar de só escribir moito texto. Axúdanos a entender mellor e a recordar máis fácilmente.
-Experimentos e prácticas de laboratorio . O método científico. Realizar experimento cunha presentación, grabación vídeo.
-Proba con cuestións de desenrolo curtas, tipo test e outras.
A MATERIA E A ENERXÍA
1,.A materia: é todo aquilo que nos rodea.
1.1.-Propiedades xerais da materia
-Masa: peso, é a cantidade de materia ou substancia.
-Volume: é o espazo que ocupa a materia.
1.2.-Propiedades específicas (físicas e químicas) da materia (materiais):
Exs: densidade (é a relación masa e volumen por kg o cm cúbico) cor, fraxilidade, dureza, conductividade térmica ou eléctrica, temperatura de fusión ou dilatación,..
2.- Cambios de estado da materia: podemos atopala en 4 estados: sólido, líquido, gasoso e plasma. Son REVERSIBLES (é dicir, manteñen a semellanza na súa composición).
Fálase tamén dun 4º estado, o plasma (é un gas ionizado a moi altas temperaturas, presente nas estrelas, galaxias, "materia escura", e luces de neón,,...) e outro máis a día de hoxe (a ciencia é dinámica tamén, polo tanto revisable, aberta a nova investigacións, etc.)
En resumo, ainda que comúnmente ensínanse tres estados da materia, sólido, líquido e gasoso, existen alomenos dous estados adicionais recoñecidos pola ciencia: plasma e condensado de Bose-Einstein.
3.-Clasificación da materia:
3.1.-Substancis puras: Formadas por un só tipo de compoñente, como o ouro (elemento) e mesturas (dous ou máis compoñentes)
3.2.-Tipos de mesturas:
3.2.1-Homoxéneas: non se distinguen, diferencian os compoñentes. Ex: batido chocolate, iogurt con sucre
3.2.2.-Heteroxéneas: podemos distinguir os compoñentes. Exs: macedonia de froitas, ensalada mixta, arroz con chícharos,...
4.- Métodos de separación de mesturas:
4.1.-Se son homoxéneas:
Destilación: líquidos con distinto punto de ebulición (alcohol e auga).
Evaporización: disolucións. Ex: auga de mar (auga+sal). Sólido e líquido
4.2.-Se son heteroxéneas:
Tamización: para sólidos de diferentes tamaños
Imantación: sólidos ou líquidos e un deles sexa ferro.
Filtración: sólido e líquido (area e auga, lentellas e auga,..)
Decantación: líquidos (sólido) con diferente densidade. Ex: auga, aceite e mel...
5.-Cambios da materia:
5.1.-Físicos: cambios sen alterar a súa composición ou propiedades. Ex; cambios de estado.
5.2.-Químicos: son reaccións, cambia a súas propiedades, composición. Exs: combustión, oxidación, fermentación,..
6.-Enerxía:
Formas de enerxía:
Como facer un Visual thinking sobre a materia e a enerxía. Pasos:
1. Entender o tema (ver o índice e ler)
Antes de debuxar, hai que saber que é:
Materia: todo o que ten masa e ocupa espazo (auga, aire, pedra…).
Enerxía: o que fai que as cousas cambien ou se movan (luz, calor, electricidade…).
Pensa en exemplos da túa vida diaria.
Non hai que poner todo, so o máis importante:
Tipos de materia (sólido, líquido, gasoso, plasma)
Propiedades xerais e específicas.
Tipos de enerxía (eléctrica, térmica, luminosa…)
Cambios (a materia cambia coa enerxía)
Substancias puras e mesturas.
Tipos de mesturas. Separación de mesturas.
En unha folla:
Pon o título en grande: “Materia e Enerxía”
Divide o espazo en partes (por exemplo: esquerda da materia, dereita enerxía)
Usa frechas para conectar ideas
Non fai falla debuxar perfecto, só claro. Exemplos:
Un cubo 🧊 → sólido
Unha gota 💧 → líquido
Unha nube ☁️ → gas
Un raio ⚡ → enerxía eléctrica
Ol sol ☀️ → enerxía térmica
Escribe pouco, só o importante. Exemplos:
“Ocupa espazo”
“Produce cambios”
“Transfórmase”
Usa frechas ou líñas:
Exemplo: ☀️ → quenta 💧 → convértese en vapor ☁️
Así mostras como a enerxía cambia a materia.
Unha cor para materia
Outro para enerxía
Outro para exemplos
Esto axuda a entender mellor o debuxo.
Mira o teu traballo:
¿Enténdese sen explicar moito?
¿Está limpo e ordenado?
¿Ten debuxos e palabras clave?
Consello final
Non se trata de debuxar bonito, senón de explicar ben con debuxos simples. ¡Todos podedes facelo!.
3.- A ENERXÍA:
3.1.- Que é? A enerxía é a capacidade que teñen as cousas de facer que algo ocorra ou cambie. Grazas á enerxía podemos movernos, encender unha luz, quentar comida ou facer funcionar un coche.
3.2.- Propiedades (exemplos)
-Transfórmase dunha a outra (eléctrica en luz)
-Transfírese: dun obxeto a outrp ( o calor dunha taza as nosas mans)
-Almacénase: (nunha bateria)
-Consérvase: nin se crea nin se destrúe (cambia de forma).
3.3. Formas de enerxía:
A enerxía pode presentarse de diferentes maneiras:
Eneríxía mecánica: a do movemento (como unha bicicleta en marcha).
Enerxía térmica (calor): a que fai que algo esté caliente.
Enerxía eléctrica: a que usamos nos aparatos (televisión, móvil, ordenador).
Enerxía luminosa: a luz (como a do Sol ou unha lámpada).
Enerxía química: a que está nos alimentos ou na pilas, baterias...
Enerxía sonora: a que produce o son.
Enerxía nuclear: a que está no interior dos átomos (uranio)
3.4.- Tipos de fontes de enerxía
As fontes de enerxía son os lugares de donde obtemos a enerxía. Divídesen en dous tipos:
Enerxía solar (do Sol)
Enerxía eólica (do vento)
Enerxía hidráulica (do auga en movemento)
Enerxía xeotérmica (do calor da Terra)
Biomasa (das plantas e os restos orgánicos)
Petróleo
Carbón
Gas natural
Enerxía nuclear (usa uranio)