TEMA 3

ÍNDICE

TEMA 3: O CLIMA. Como coidamos o planeta?

3.1..- Elementos e factores do clima

3.2.- Grandes zonas climáticas do planeta

3.3.- Climas de España

3.4.- Climas de Galicia

3.5.-O cambio climático (libro páx: 32 e 33)

3.6.- Os climogramas


Temporalización: do 8 de xaneiro ata o 8 de febreiro

Importante. A proba escrita deste tema será o xoves, 8 de febreiro


CLIMA  E   TEMPO   ATMOSFÉRICO

ELEMENTOS  E  FACTORES  DO  CLIMA

Os ELEMENTOS:

Son os seguintes: 

-Temperatura: é a cantidad de enerxía calorífica do aire (mídese co termómetro en grados)

-Precipitacións: é a caída ao chan a auga contida na atmósfera. Pode ser en forma de auga, de neve, saraiba, orballo, xeada... (mídese co pluviómetro en ml ou litros por metro cuadrado)  

-Humidade: é a cantidade de vapor de auga presente no aire e mídese en g/m3

-Vento: É o movemento do aire na atmósfera. Mídese co anemómetro (velocidade) e a veleta (a dirección)

-Presión atmosférica: é o peso da columna de aire sobre unha unidade de superficie. Barómetro (midea)

Os FACTORES:

Son os seguintes:

-A latitude: é a distancia dun punto ao Ecuador. Canto máis preto máis calor ou cálidas serán as temperaturas.

-A altitude: é a distancia vertical dun punto da superficie terrestre respeto ao nivel do mar (0 metros)

-O relevo: son as formas ou alteracións da corteza terrestre (paisaxe desigual)

-A distancia ao mar: é o espazo existente dende unha superficie terrestre ao mar. O mar non se quenta tan rápidamente como a terra en verán e enfríase lentamente en inverno polo que modera o clima das costas (suaviza as temperaturas, por ser unha masa líquida). 

Para saber máis

Outros factores que inflúen no climas son:

-As correntes mariñas 

-A circulación atmosférica, os ventos planetarios

INSTRUMENTOS PARA MEDIR O TEMPO ATMOSFÉRICO

GRANDES ZONAS CLIMÁTICAS

Son tres grandes zonas:

Debido á forma e posición da Terra, os raios do Sol non chegan da mesma maneira a todos os  lugares. Por esta razón, quentan con diferente intensidade cada zona. Por iso distínguense tres grandes zonas climáticas no planeta.

Se os raios do Sol chegan de forma perpendicular, a calor é máis intensa, como é o caso das zonas cálidas. Se os raios solares chegan de forma inclinada, a calor perde intensidade, coma nas zonas templadas e frías.

Zonas frías:

Zonas templadas:

Zona cálida:

LOS CLIMAS DE ESPAÑA

 O CLIMOGRAMA

Un CLIMOGRAMA é unha representación gráfica dos datos de temperaturas e precipitacións dunha rexión, zona ou localidade da Terra ao longo dun ano.

OS CLIMAS DE GALICIA

3.5.- Cambio climático (páxs 32 e 33 do libro de texto)

Estudar só os puntos aquí debaixo 1, 2, 3 e 4

1.-O efecto invernadoiro:  consiste en que a enerxía do sol chega á Terra (= fenómeno natural), parte desa enerxía volve á atmosfera e outra parte queda retida e quenta a Terra.

2.- Que é o cambio climático

Denomínase cambio climático á variación global do clima da Terra debido a causas naturais, pero principalmente á acción humana, que se traduce en queima de combustibles fósiles, perda de bosques e outras actividades producidas no ámbito industrial, agrícola e transporte, entre outros, como consecuencia dunha retención da calor do Sol na atmosfera. Esta última característica é coñecida como "efecto de invernadoiro".

3.- Causas do cambio climático

4.- Consecuencias do cambio climático que orixinou o quecemento global, ten consecuencias para a biodiversidade (persoas, animais e plantas) y entre elas están:

5.-Que podemos facer nos para combatir o cambio climático?. reflexión na aula. Resposta aberta.



Para saber máis!:

O efecto invernadoiro é o fenómeno natural, en principio benéfico, que mantén a superficie da Terra con temperaturas aptas para a vida. Con todo, o efecto invernadoiro desequilibrouse perigosamente poñendo en perigo a sustentabilidade planetaria. O culpable? As actividades humanas que aumentan a emisión de gases de efecto invernadoiro (principalmente de CO2, metano e óxido nitroso). A consecuencia: o progresivo quecemento global.

Sen gases de efecto invernadoiro (GEI), a Terra sería un enorme bloque de xeo virando no espazo. Este tipo de gases absorbe parte da radiación solar que atravesa a atmosfera. Debido a iso, quenta tanto a superficie do planeta como os niveis baixos da atmosfera. Desta maneira, evita que ese calor rebote e salga cara ao exterior.

"Se nun invernadoiro a cobertura plástica evita a perda da calor e conserva unha temperatura estable, na Terra estes gases conseguen un efecto similar",  O problema é que a actividade humana lanza demasiados GEI á atmosfera. Isto ten unha repercusión: a alteración do seu equilibrio natural provoca que o acúmulo de calor comece a ser excesivo.

O cambio climático. Causas:

Inflúen cada vez máis no clima e a temperatura da Terra a queima de combustibles fósiles, a talla de bosques e a cría de gando. As enormes cantidades de gases así producidos engádense aos que se liberan de forma natural na atmosfera, aumentando o efecto invernadoiro e o quecemento global.