Tema 1: O Universo

TEMA 1: O UNIVERSO

1.-O universo: como se formou

Hai uns 14000 millóns de anos, por mor dunha grande explosión (Big Bang), orixinouse o Universo. O Universo é un gran conxunto formado por todos os corpos celestes e o espazo que os contén (millóns de galaxias, estrelas, planetas, satélites, cometas, etc.).

-As estrelas son xigantescas bólas de gas moi quente. O seu interior produce moita enerxía, que se desprende en forma de luz e calor. No Universo hai milleiros de millóns de estrelas, todas diferentes entre si. O Sol é a estrela máis próxima á Terra.

-As estrelas agrúpanse formando galaxias; no Universo hai centos de millóns de galaxias. A galaxia onde se atopan o Sol e a Terra é a Vía Láctea, que ten forma de espiral. 

2.-O Sistema Solar.

Está formado por todos os astros que xiran ao redor do Sol, entre eles a Terra. O Sol ten un diámetro cen veces maior ao da Terra e é a fonte de luz e calor que permite a existencia de vida no noso planeta.

-Os planetas son os corpos celestes máis importantes que xiran ao redor do Sol, realizando un percorrido case circular chamado órbita. No Sistema Solar hai oito planetas principais: Mercurio, Venus, Terra, Marte (os cartro son os planetas interiores porque están máis preto do Sol), Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno (son os 4 planetas exteriores), e algúns planetas ananos (coma: Plutón, Higía, Ceres, Makemake, Erís, Haumea.)  

1.-Estrelas: son grandes esferas de gases, moi quentes . Emiten ou dan luz e calor.

2.-Os asteroides: grandes corpos rochosos que xiran ao redor do Sol, dunha estrela, dun planeta ou viaxan polo espazo. 

Os anacos de asteroides ou cometas que viaxan polo espazo chámanse meteroides

Se un meteoroide impacta sobre a Terra chámase meteorito. 

Os que se desintegran na atmosfera son as estrelas fugaces. 

3.-Os satélites: son astros ou corpos que xiran ao redor dun planeta.

    4.-Os cometas: son masas de xeo, po e rochas cunha chamativa cola.

    5.- Planetas: son corpos rochosos ou gasosos de forma esférica. Xiran arredor das estrelas das que reciben luz e calor.

6.-Nebulosas: son enormes nubes de gas e po. A partir de elas fórmanse estrelas.

7.-Galaxias: son agrupacións de millóns de estrelas e nebulosas.

8.-Planetas ananos: teñen forma esférica,e son de menor tamaño que os planetas (Plutón).

3.- A Terra:

É un corpo rochoso de forma esférica, algo achatada polos polos (algo inclinada, diámetro 12.700 km).

3.1.-Movementos da Terra:

a).-Rotación: é o xiro que realiza a Terra sobre si mesma. Tarda 24 h, é dicir, un día.

b).-Translación: é o xiro arredor do Sol. Tarda 365 días e 6 h (por iso cada 4 anos, temos un día máis (29 días en febreiro), ano bisiesto 366 días), un ano. Por este movemento, sucédense as estacións (=duran 3 meses).

Estacións: (segundo a inclinación e raios solares).

*Hemisferio norte: verán (21 xuño-21 setembro), outono (21 setembro-21 decembro), inverno (21 decembro-21 marzo), primavera (21 marzo-21 xuño).

*Hemisferio sur: inverno (21 de xuño-21 setembro), primavera (21 setembro-21 decembro),verán (21 decembro-21 marzo), outono (21 de marzo-21 xuño)

4.-A Lúa:

É o único satélite da Terra (rochoso e esférico con cráteres, sen atmosfera (capa gasosa) nin hidrosfera (capa de auga)). Ten dous movementos: rotación (sobre si mesma 29 días e medio) e translación (arredor da Terra, tamén 29 días). 

Pola iluminación do Sol e a translación vemos as distintas porcións ilumninadas da Lúa chamadas fases lunares:

Vídeo das fases lunares: youtu.be/5-bgin464tM?si=nLNCCByp4X_f7kMn 

Influencia da Lúa na Terra: as mareas son subidas ou baixadas do nivel do mar (cada 6 horas) debido a forza de gravidade (atracción). 

Lúa preto da Terra = pleamar ou marea alta.

As eclipses de Sol: cando a Lúa se dispón entre o Sol e a Terra. (Terra-Lúa-Sol).

Fai clic sobre él: Eclipse lunar 


5.-A representación da Terra. A través de:

-Globo terraqueo: é unha esfera que representa a superficie da Terra a escala máis pequena que a realidade.

-Mapamundi ou planisferio: é unha representación nun plano da superficie esférica da Terra. De relevo, poboación,..

Localización na superficie terrestre. trázase unha rede de liñas imaxinarias, coordenadas xeográficas chamadas:

-Paralelos: liñas imaxinarias perpendiculares ao eixe de rotación (que van de leste a oeste paralelas). 

- O Ecuador é o paralelo 0º, divide o planeta en dúas metades: hemisferio norte e sur. É o círculo máximo 

A latitude é a distancia en graos desde calquera punto da Terra ao Ecuador.

-Meridianos: liñas imaxinarias verticais desde o polo norte ao sur. O meridiano 0º é o de Greenwich ( no R.U.). Indican a lonxitude que é a distancia desde calquera punto da Terra ao meridiano 0º


6.-Os fusos horarios: 

Debido ao movemento de rotación (24 h). Hai zonas de día e outras de noite. Dividese a esfera de 360º en 24 franxas ou fusos horarios de 15º (360: 24= 15º, cada 15º unha hora desde o meridiano 0º ou de Greenwich, hacia o leste 1 h máis, hacia o oeste 1 h menos (cada 15º)).

7.-Os mapas

É a representación esférica da Terra ou dunha parte dela sobre un plano. Os seus elementos son: título ou nome, marcas orientación-a través da rosa dos ventos: norte, sur , leste e oeste. Escala, símbolos, lenda, toponimia.

Tipos de mapas: físicos (relevo, auga, montañas,..), políticos (países, comunidades, cidades, provincias,...), temáticos (do tempo, históricos, comunicación, demográficos, económicos e actividades,..).

A escala:

-Gráfica: é a representación debuxada da relación entre a distancia no mapa e a realidade.

-Numérica: indica cantas veces debemos multiplicar unha unidade que medimos no mapa para saber canto mide na realidade.

A fotografía aérea: desde avións, debaixo do avión, satélites artificiais, drons,..

Sistemas de xeolocalización: determina a posición de algo na Terra. Ex: o GPS, coordenadas.


Actividades: do 23 de setembro ao 30 outubro. (Proba escrita será na derradeira semana de outubro/1ª de novembro)

Realizar guión, esquema da unidade e apuntes.Podedes consultar o blog ou site.( Postos tamén na pizarra ou PDI da aula). 

Ficha puzzle recortable  do universo para pegar no caderno coa información da páxina 11 ( estrelas, nebulosas, cometas, planetas, satélites, planetas ananos, asteroides, galaxias).(tipo lapbook).

Debuxo do sistema solar en color (cos planetas e os seus nomes). 

Visionado do genially no inicio deste espazo sobre o sistema solar e o Universo.

Visionado vídeo sobre o Big Bang e os vídeos de máis abaixo.

Recortable das estacións (movementos Terra-Sol e Terra-Lúa ).

Actividades de repaso do libro (páxs 30-31, nº 1, 4, 6, 8)

Debuxo fases lunares, eclipse

Debuxo paralelos e meridianos.

Proba escrita a finais de outubro ou primeiros de novembro.

Latitude: é a distancia dun punto ao Ecuador ( divide a Terra en hemisferio norte e sur). É unha coordenada xeográfica cos meridianos (o seu valor entre 0º e 90º)

Lonxitude: é a distancia dun punto ao meridiano Greenwich (Leste-oeste, divide en hemisferio occidental e oriental). É unha coordenada xeográfica cos paralelos (o seu valor entre 0º e 180º)

Paralelos: liñas imaxinarias que van de leste a oeste paralelos ao Ecuador (que tamén é un paralelo).

De norte a sur son:

-Círculo Polar Ártico (66º 33´ 52" norte)

-Trópico de Cáncer (23º 26´17" ao norte)

-Ecuador (0º)

-Trópico de Capricornio. (23º 26´17" ao sur)

-Círculo Polar Antártico (66º 33´ 46"  ao sur)

Meridianos: son liñas imaxinarias (semicircunferencias máximas) do globo terrestre que pasan de norte a sur (del polo N al Sur.

O meridiano 0º é o meridiano de Greenwich.