Ilustramos libros...
E si creamos portadas de libros marabillosos?
Isto é o que fixo o alumnado de 4º de ESO coa profesora María Lema. Aquí tedes unhas mostras destes fermosos traballos que poden inspirar as nosas lecturas para este verán.
Un fermoso final: saída ás Illa de Ons
O voluntariado da Biblioteca e o alumnado do equipo de Mediación e Convivencia do Dieste compartiron unha saía ás Illas Atlánticas.
Saímos desde o instituto cara Portonovo para logo embarcar nun catamarán con destino á Illa de Ons, na ría de Pontevedra.
Alí realizamos un roteiro polo sur da illa: o barrio poboado do Curro, as praias de Area de Cans e Canexol, o mirador de Fedorentos, as furnas e o Burato do Inferno.
Un pouco de xeografía, fauna, flora, historia e lendas. E non puido faltar un chapuzón no mar.
Un día diferente para as persoas voluntarias que ben o merecen!
Galería de imaxes Ons'25
Recomendacións lectoras para o verán
Chegou o verán.......Desde a Biblioteca do Dieste recomendamos unha serie de lecturas que vos poden interesar para os vindeiros días de praia ou para desfrutar na aldea...
Voltaremos en setembro con moitas novidades!
Grandes éxitos da biblioteca: dos máis lidos
Para os mais pequenos: O poeta dos nenos, Jairo Aníbal Niño
Clásicos para todas as idades
Novidades de novela negra e de misterio para o verán