Febreiro

14 de febreiro: San Valentín


Celebramos San Valentín desde a biblioteca do IES Rafael Dieste

Tras moitos preparativos... por fin chegou San Valentín!

As persoas voluntarias da biblioteca escribiron durante varias semanas, nos recreos, mensaxes en forma de poemas pertencentes a recoñecidos  escritores e escritoras da literatura universal

Os poetas e poetisas que preferiron os alumnos e alumnas foron Rosalía de Castro, Pablo Neruda, Gabriela Mistral, G. A. Bécquer, Mario Benedetti, Claribel Alegría ou Jairo Aníbal Niño, entre outros. 

As mensaxes  foron entregadas o día 14 de febreiro aos grupos de 1º e 2º de ESO. Moitos fixeron unha lectura dos versos na clase. 

Desde a biblioteca quixemos achegar aos máis novos á poesía amorosa.

Como no me vas a querer

si soy un bombero heroico

que acaba de salvar a un gato

al que se le incendiaban

Seis de sus siete vidas.

Cómo no me vas a querer

si soy el capitán de la nave

que se posa suavemente

en una América del sur

de un planeta lejano.

Cómo no me vas a querer

si acabo de ganar

-por amplio margen-

la Vuelta a Colombia en bicicleta

y el Tour de Francia.

Y definitivamente

cómo no me vas a querer

si soy capaz de soñar todos los sueños,

incluso el más lindo de todos:

soñar que tú me amas. 

Jairo Aníbal Niño

Jairo Aníbal Niño é considerado o poeta dos nenos. Foi un escritor colombiano que namorou da lectura e dos libros cos contos de "Mil e unha noites". Tivo traballo moi diversos: desde conducir un camión, ser un mago, mariñeiro... ata actor de teatro. Sempre lle gustou escribir sobre a infancia, a natureza e as paisaxes da súa Colombia natal. Gañou moitos premios literarios e é considerado un gran escritor. Entre as súas obras destacan: Zoro, Las bodas de lata, La alegría de querer, Dalia y Zazir, ente outras. 

Desde o IES Rafael Dieste queremos rendir unha homenaxe a este escritor xa que desfrutamos moito coñecendo a súa poesía neste mes de San Valentín. 

Entroido na biblioteca do Dieste

Obradoiro de máscaras

Libros e antifaces

Novidades lectoras para as vacacións 

Novidades lectoras: Xa na biblioteca...

El mono del asesino é unha historia de mariñeiros, de detectives, de aventuras e moito máis.  Un home é asasinado no porto de Lisboa e o mariñeiro Koskela é acusado  do crime. A gorila Sally Jones, convencida de que o seu amigo foi acusado de maneira inxusta, embárcase cara unha misión para limpar o seu nome. A historia desenvólvese polos portos de todo o mundo. 

Esta é unha historia sobre crimes non resoltos en terras afastadas, en cidades ocultas tras a brétema. 

É unha historia sobre maldade arteira en xunglas calorosas e sobre unha leal amizade en océanos tormentosos. 

É unha historia sobre morriña, esperanza e crueis traizóns. Esta é a lenda de Sally Jones. 

Xa chegou á nosa biblioteca a saga Blackwater! Unha saga que percorre máis de 50 anos a historia dunha familia dun pobo de Alabama: as súas historias, alianzas e os plans máis maquiavélicos para conservar o seu poder. 

Mergúllate nas súas páxinase desfruta das loitas, sorpresas e sucesos inexplicables