BIBLIODIESTE
dos arquivos do trasno
dos arquivos do trasno
Cremos nunha biblioteca activa e creativa que sexa a guía dun gran feixe de actividades e proxectos no noso centro.
As nosas liñas prioritarias son: promover a integración e a inclusión a través das actividades, fomentar hábitos de lectura nos máis novos a través dos clubs de lectura, abrir as actividades ás familias e a todo o persoal do centro, motivar ao alumnado cara actividades creativas e imaxinativas e lograr, ante todo, unha convivencia positiva nun lugar de encontro e de diálogo. A biblioteca convértese así nun híperespazo onde teñen cabida o coñecemento, os xogos e a liberdade creativa.
Clubs de encontros 24-25: Animádevos a participar!
Club de lingua de signos
Un ano máis coa nosa auxiliar de lingua de signos, Cristina Rubio e a alumna Ohiana Piñeiro.
Aprendemos con elas no primeiro recreo do venres na aula de 4º ESO C no segundo andar.
Club de xadrez
O profesor Jesús Escariz coordina este club que segue a colleitar éxitos.
Os martes no segundo recreo na biblioteca.
Club de debate
Arcadio González leva o club de debate con saídas en xaneiro e febreiro á Fundación Barrié.
Únete a este na aula de audiovisuais do IES Rafael Dieste dous días á semana.
Encontros electrónicos
A profesora Seila Vázquez leva este club de electrónica.
Impartirase no taller de Tecnoloxía situado no soto do edificio os venres no segundo recreo
Os nosos clubs de lectura
Club de lectura de adultos
Novo club de lectura dirixido a pais, nais e persoal do centro educativo. Engánchate á lectura con Negrísima, o club da novela negra.
Reunímonos o último martes de cada mes ás 18.15 na biblioteca do centro. Para máis información escribe ao correo reporteirosviaxeiros@gmail.com
Club de manga
Club coordinado polo profesor Arcadio González
Club de lectura en inglés
Club coordinado pola profesora Isabel Viñas
Club de lectura en portugués
Club coordinado polo profesor Alberto Pombo
Club de banda deseñada
Club coordinado pola profesora Begoña Pérez
Horarios dos trasnos e trasnas na biblioteca
Hora de ler curso 2024-25
Hora de ler
Biblioteca de aula
Comezamos o día 7 de outubro cunha nova selección de libros para cada aula. 20 minutos de lectura cada día na aula.