Chega o Samaín
Samaín 2024: Contos terroríficos
Por fin chega o Samaín!
Gustounos tanto a actividade do Samaín pasado que repetimos os contos de terror na biblioteca.
Podedes vir de público ou animarvos a contar unha historia de medo…
Todo está preparado para emitir en streaming nun ambiente verdadeiramente terrorífico…
Alí estaremos con máis sorpresas nos recreos do:
Martes día 29 e o martes 30 de novembro.
Á volta da ponte, tamén nos recreos, os días 5 e 6 de novembro, seguiremos con contos de medo.
Nun ambiente verdadeiramente terrorífico...
Contos de terror en streaming
De E. A. Poe a Lovecraft pasando por G. A. Bécquer, H. Quiroga e outros autores que nos mergullaron no terror neste Samaín.
O corazón delator, O barril de amontillado, O monte das ánimas e El almohadón de plumas, son algúns dos relatos elixidos para ler nestes días na biblioteca do IES Rafael Dieste.
Alumnado e profesorado introducíronnos neste xénero de terror.
Suspense, horror cósmico, novela gótica... un pouco de medo para o Samaín.
Club de lectura: Negrísima
O martes 19 de decembro iniciou a súa andaina o club de lectura Negrísima, orientado aos pais, nais e persoal do centro, docente e non docente.
Nesta primeira reunión abordamos o libro do islandés Arnaldur Indridasson que leva por título La mujer de verde.
No libro combínanse unha triste historia do pasado que se vai fiando a partir duns restos atopados no barrio do Milenario en Reickiavic e a historia do presente, protagonizada polo inspector Erlendur.
Na reunión achegámonos á un lugar lonxano, Islandia, á súa paisaxe abafante, a súa sociedade, así como aos trazos da idiosincrasia deste país e as súas xentes.
E de Islandia á ría de Vigo. O seguinte título de "Negrísima" será Ollos de auga do autor galego Domingo Villar. Vémonos o último martes de xaneiro a partir das 18.15 h na biblioteca do IES Rafael Dieste.
Grazas pola vosa participación!
Novo club: banda deseñada
Iniciamos novo club de banda deseñada en galego.
Nesta primeira sesión eliximos algúns dos libros que poden interesarnos e que se atopan na nosa biblioteca.
Cara o 25N: Mulleres no tempo, tempo de mulleres
Pensando xa na conmemoración do 25N, o noso expositor da biblioteca énchese de lecturas onde a muller é a protagonista. Desde Persépolis de Marjane Satrapi á Volta ao mundo en 72 días de Nellie Bly, ou a novela gráfica Sufragista, Quiéreme bien o La mujer rebelde, son algunhas das propostas de lectura, entre outras moitas, para este mes.
Sabías que...pola resolución 54/134 de 17 de decembro de 1999, da Asamblea Xeral da ONU, o 25 de novembro foi designado Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller?
Exposición sobre cartelería do 25N
Estes días podedes ver na cortiza do corredor da biblioteca algúns dos carteis máis coñecidos nos últimos anos sobre o 25N, Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Son carteis que foron protagonistas das campañas pola igualdade desde diferentes comunidades Autónomas.
Recomendacións do mes
Persépole
Marjane Satrapi, unha das artistas iranís máis aclamadas, galardoada con varios premios, entre os que destacan o Premio ao Autor Revelación 2001 e Mellor Guión 2002 no Festival Internacional de Cómic de Angoulême, ofrécenos un relato autobiográfico sobre a súa infancia en Irán, que é a súa vez un excelente testemuño histórico dun pobo e unha época. Grazas á súa gran carga emotiva, crítica e irónica, Persépole converteuse nun cómic de referencia
Herba
Durante a ocupación xaponesa de Corea, un dos episodios máis escuros da historia do país, a moza Okseon viuse convertida, como moitas outras mulleres coreanas, en “muller de conforto”. Esta novela gráfica conta como esta rapariga chegou a unha base aérea chinesa para converterse en escrava sexual para as tropas do exército imperial xaponés, como sobreviviu, cunha admirable resiliencia, e como a súa actitude serviu de exemplo.
Quiéreme bien
Quereme ben. Unha historia de malos tratos é a historia dun drama real e cotián que se repite, sempre con patróns moi similares, na intimidade de moitos fogares. A través das súas viñetas coñeceremos as diferentes fases do horror que viven as vítimas da violencia machista, tal e como ela viviu. Love Me Well mostra claramente os moitos sinais de advertencia dunha relación abusiva e ofrece unha visión clara da psicoloxía tanto da vítima como do abusador.
Olimpia de Gouges
Esta muller tivo un papel salientable durante a Revolución francesa.
Redactou a Declaración dos Dereitos da Muller e da Cidadá en 1791 seguindo o modelo da Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán dese mesmo ano, pero incluíndo á muller.
Olimpia de Gouges considérase a primeira feminista da historia xa que no seu texto busca a igualdade de homes e mulleres.
Cando casou, negouse a levar o apelido do seu home. Así mesmo, foi unha gran defensora da abolición da escravitude e mostrouse contraria á pena de morte.
Polas súas ideas foi levada á guillotina durante o goberno de Robespierre e os xacobinos.
Seguro que vos resulta interesante ler a novela gráfica de Catel e Boquet que recrea a vida e a época de Olimpia de Gouges, unha muller adiantada á súa época.
Exposición: O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción
Ao longo do mes de novembro podemos visitar a exposición cedida por CEIDA que leva por título O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción.
Percorrendo os 19 paneis que a forman comprendemos a situación de emerxencia climática do noso planeta na actualidade. Moitas actividades cotiás provocan directa ou indirectamente emisións de gases de efecto invernadoiro contribuíndo así ao cambio climático. Nas nosas mans está involucrarse na loita contra este fenómeno global cuxas consecuencias vemos a diario: desxeo, subida do nivel do mar, tormentas e choivas devastadoras etc.
O obxectivo da mostra é contribuír ao coñecemento do quecemento climático, as súas causas e os seus efectos, ademais das medidas propostas para facerlle fronte.
Esta exposición foi organizada desde o Departamento de Xeografía e Historia. Os contidos e ferramentas da exposición están orientados ás materias de Xeografía de 1º ESO e Xeografía de 2º de Bacharelato. É o noso tributo ao Mes da Ciencia.
É unha exposición itinerante cedida por CEIDA, o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia. Ubicada no castelo de Santa Cruz en Oleiros, CEIDA promove a educación ambiental en todos os sectores sociales, así como o intercambio científico e cultural, traballando na procura de solucións aos problemas ambientais e fomentando as boas prácticas cidadás neste eido.