Semana Cultural no IES Rafael Dieste: A lusofonía
Como cada curso, a última semana antes das vacacións de Semana Santa, celébrase no noso IES, a Semana Cultural. Este curso está dedicada á lusofonía.
A Semana Cultural é o resultado ou produto dun gran proxecto interdisciplinar levado a cabo desde os departamentos didácticos e coordinado desde a Biblioteca.
Os departamentos traballan de forma colaborativa e activa coa Bibioteca en múltiples actividades.
Como podemos ver no cartaz deste curso 2024-2025 as actividades realizadas son moi diversas e nestas participan o profesorado e o alumnado do centro.
Desde un obradoiro de capoeira a un recital de música do Brasil, diferentes palestras e encontros con especialistas en diversas áreas, exposicións temáticas, retos matemáticos, fragmentos do filme A cage dorée e un programa de TV emitido en directo...
Todo isto e moito máis puidemos vivir neste comezo dun abril lusófono.
A Semana da lusofonía abriuse coa visita do escritor angolano e coa previa lectura, por parte do club de lectura en portugués, dunha das súas obras: Bom día camaradas.
A biblioteca converteuse nun plató de TV amenizado por todos os reporteiros e reporteiras viaxeiras. Entrevistas, reportaxes e música formaron parte desta nova edición de RV, esta semana dedicado á lusofonía. O programa foi retransmitido en directo a través de twitch.
https://www.twitch.tv/videos/2428962725?tt_content=vod&tt_medium=mobile_web_share
As actividades da lusofonía
Recital do cantante Leo Middea gravado no porto da Coruña por alumnos e alumnas do IES Rafael Dieste
Recital de Bossa nova no Salón de Actos da man de dúas alumnas, Victoria e Idolidia, e os profesores Esteban (ao piano), Arcadio (ao saxo) e Gustavo (á guitarra), acompañados por Manuel (á guitarra).
Retos matemáticos a través da actividade Malba Taham: o home que calculaba. Julio César de Mello Souza , máis coñecido como Malba Taham foi un profesor que empregaba historias árabes para o ensino das matemáticas.
A asociación Coruña de Ouro impartiu un obradoiro de capoeira aos máis novos.
Con exhibición incluida! Acompañounos o bo tempo
Participou o alumnado de 2º ESO
E ademais...
Mares da lusofonía: Paneis explicativos sobre os peixes da lusofonía
Realizado polo alumnado de 4 ESO de Bioloxía en colaboración.
Encontros na EOI da Coruña co alumnado de portugués da escola con pezas de microteatro.
23 de abril: Feira do libro no IES Rafael Dieste
Para celebrar o Día do Libro tivemos un evento especial: Feira do libro no patio interior do instituto.
Desde Bibloteca e coa colaboración da profesora Begoña de Lingua Galega organizamos diferentes postos por temáticas: ciencia ficción, novela policíaca, de misterio, de terror, novela ilustrada, banda deseñada, manga e temática LGTBI.
En cada posto estiveron alumnas dos clubs de lectura do centro así como voluntariado de biblioteca de 1º ESO. En cada posto puidemos atopar explicacións por parte destas expertas, tanto das características dos diferentes xéneros como de recomendacións.
Tamén houbo sorpresas... acompañounos Soraya, a estatua vivinte que dinamizou o evento e tamén houbo obradoiros para a realización de marcapáxinas.
Grazas a todas as participantes! Grazas a todo o público asistente á feira! Repetiremos a experiencia!
No posto de novela policíca, misterio e terror
No posto de banda deseñada
No posto de manga
Obradoiro de marcapáxinas
Marcapáxinas de esquina
Soraya, de estatua vivinte, lendo.
Unha das sorpresas para a rapazada foi a estatua viviente. Soraya e a súa representación de Follas Novas causou gran curiosidade entre o público.
Un reto para distinguir o engano entre realidade, apariencia e ficción.
A nosa estatua-vivinte acompañounos na feira gran parte da mañá.
Un regalo para un día moi divertido.
Grazas Soraya!
Negrísima: Asasinato no Orient Express
Como cada último martes do mes reunímonos co club de lectura Negrísima, nesta ocasión, para compartir a lectura de Asasinato no Orient Express.
Esta é unha das grandes obras da gran dama do crimen e do misterio, Ágatha Christie. Autora dun gran número de novelas policíacas, Asesinato no Orient Express está protagonizada por un dos seus grandes e carismáticos personaxes: o detective belga Hércules Poirot.
Como en todas as súas novelas Agatha Christie propón o reto á persoa lectora de atopar ao asasino/a. A medida que lemos dispoñemos de toda a información e pistas para atopar ao culpable ou culpables nun tren histórico: o luxoso Orien Express. Este antigo ferrocarril percorría a distancia entre Estambul e París, unindo o exótico Oriente co moderno París da época.