10-D: Día internacional dos dereitos humanos
Arte e xustiza: ilustramos os Dereitos Humanos
Unha exposición desde a materia de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato que nos achega aos Dereitos humanos e ao mundo da arte.
A partir do 20 de novembro no IES Rafael Dieste na cortiza do corredor da biblioteca do IES Rafael Dieste organizada desde o Departamento de Xeografía e Historia.
O Día dos Dereitos Humanos conmemórase cada ano a nivel mundial para lembrar o compromiso proclamado pola Asamblea das Nacións Unidas en 1948 tras os horrores da II Guerra Mundial.
Este documento histórico afirma os dereitos inalienables que toda persoa ten como ser humano, independentemente de súa etnia, cor de pel, relixión, sexo, idioma, opinión política ou de cualquera outra índole, orixe nacional ou social, posición económica, nacemento ou cualquera outra condición.
A Declaración foi proclamada pola Asamblea Xeral das NaciónsUnidas en París, o 10 de Decembro de 1948. Establece, por primeira vez, os dereitos humanos fundamentais que deben protexerse no mundo enteiro.
Galería de imaxes: Arte e xustiza
Lecturas recomendadas do mes
Deixámosvos esta ligazón aos contos de Emilia Pardo Bazán. Trátase dunha escolma de contos curtos co Nadal como elemento común. Pardo Bazán, muller do século XIX loitou fronte aos estigmas de xénero.