1 TAREFA CREANDO UN RELATO VISUAL CON PEDRAS ILUSTRADAS


CREANDO UN RELATO VISUAL CON PEDRAS ILUSTRADAS ( 4 CLASES)

  • Buscamos cinco pedras mínimo que nos interesen .

  • Limpámolas e observamos , descubrindo que nos poden achegar e suxerir a través das súas formas .

  • Realizamos bosquexos que se adapten ao que nos suxiren as pedras , e imaxinamos unha posible historia, escribímola. ( Recollo os bosquexos previos)

  • Damos unha base de acrílico branco na forma que queremos debuxar (poida que nos interese que se vexa parte da pedra )

  • E realizamos un minucioso traballo de pintura , na parte escollida .

  • Aquí déixovos páxinas para inspirarvos nas vosas ilustracións


  • PARA REMATAR O NOSO TRABALLO , REALIZAREMOS VARIAS FOTOGRAFIAS E SUBIRÉMOLAS AO O NOSO DRIVE

  1. UNHA FOTOGRAFIA DE CADA PEDRA

  2. 12 FOTOGRAFIAS DIFERENTES COMPOÑENDO UN RELATO COAS PEDRAS , PARA ISO DEBEMOS TRABALLAR O FONDO E XOGAR ATA CONSEGUIR QUE A NOSA COMPOSICIÓN TEÑA SENTIDO

( DEBEMOS TER EN CONTA O ESPAZO PARA O TEXTO )

O resultado pódese editar en tableta gráfica ( neste caso é necesario enviar a nova imaxe para ver o traballo realizado)



As mellores propostas serán maquetadas ou levadas a vídeo con relatos realizados polo alumnado do IES AS BARXAS da man de Rebeca Lemat.