O primeiro sistema utilizado para proporcionar son ás películas foi comprado pola Warner á Western Electric e chamábase Vitaphone: unha engrenaxe mecánica unía o proxector (imaxe) co gramófono (son), asegurando deste xeito que os dous se movesen a igual velocidade. Cada gran estudo buscou o seu propio sistema para poder realizar e exhibir películas sonoras, e en 1929 xa había uns 200 sistemas diferentes (e incompatibles) de cinema sonoro en funcionamento, polo que os cineastas lanzáronse á procura dun sistema que posibilitase o uso dun único proxector compatible.
TAREFA :
Realiza un podcast , vídeo ...sobre: cantando baixo a choiva e relacionado coa información acerca dos diferentes sistemas utilizados para sonorizar as películas. Cales foron os que acabaron por impoñerse?
Expón brevemente algunhas das opinións que os personaxes de Cantando baixo a choiva dan sobre O cantor de jazz.