LINGUAXE AUDIOVISUAL

CONCEPTOS BÁSICOS I

  • APUNTES DE LINGUAXE AUDIOVISUAL PARA DESCARGAR , IMPRIMIR e. RESUMIR no teu BLOGUE : LIGAZÓN


ESCENA e SECUENCIA, PLANO e TOMA [Conceptos básicos do CINE]


QUE É UNHA ESCENA MASTER?

Plano, contraplano


Un plano e un contraplano consisten basicamente en dous planos que van seguidos na montaxe, e que están enfrontados fisicamente.

En inglés adóitase chamar shot/ reverse (o plano e o seu oposto).

O exemplo máis claro é unha conversación entre dúas persoas. Primeiro vemos a unha de fronte, e logo a outra.

Pero tamén podemos ter un plano de alguén mirando ao ceo, e logo o contraplano da nube. Ou a Lúa. Ou o que ve na rúa, a través dunha xanela.

O plano/ contraplano clásico nunha conversación

Cando rodamos unha conversación entre dúas persoas, é unha práctica moi habitual que fagamos un plano dunha persoa, con referencia da outra.

Logo ímonos a facer o contraplano, e podemos incluír a referencia do seu ombreiro ou non, ou manter ou cambiar o plano.

As combinacións poden ser varias, pero xeralmente téndese a usar o mesmo tamaño de plano en ambos os se non queremos dar máis importancia a un dos personaxes.