Search this site
Embedded Files
ARTEsoliño
  • Inicio
  • PREMIOS
  • UNHA CURTA LOW COST
  • PROXECTOS
    • CineSAMAIN
    • MURAL
    • ANIMACIÓN
    • GROMOS NAS FENDAS
    • OSOliño Violeta
    • CONTOS PARA MOZAMBIQUE
    • instalación BOCAS
    • VIDEOCREACIÓNS PARA XELA
    • Ai Mo.S.A.
  • CULTURA AUDIOVISUAL 1 BACH
    • BLOGS CULTURA
    • VER CINE
    • TAREFAS 1 AVALIACIÓN
      • 1 TAREFA
      • 2 TAREFA
      • 3 TAREFA
      • OS XÉNEROS CINEMATOGRÁFICOS
      • CURTAS 25 N
      • LINGUAXE AUDIOVISUAL CONCEPTOS BÁSICOS I
      • WOODY ALLEN
    • TAREFAS 2 AVALIACIÓN
      • O GUIÓN
      • EDICIÓN E MONTAXE
        • OPENSHOT
        • GIMBAL
      • BERLANGA
    • TAREFAS 3 AVALIACIÓN
      • Homenaxe a Berlanga
      • CURTA ( PROXECTO "AI MoSA)
      • HISTORIA CINE I : MELIÉ
      • CHROMA KEY
      • del cine mudo al sonoro
  • TÉCNICAS GRÁFICO PLÁSTICAS 2 BACH
    • CARPETAS TECNICAS
    • 1 AVALIACIÓN
      • 1 TAREFA
      • 2 TAREFA
      • 3 TAREFA Big Valise
    • 2 AVALIACIÓN
      • POEMA nunha CAIXA
      • GRAVADO E FALSO GRAVADO
    • 3AVALIACIÓN
      • TEMPLE
  • DEBUXO ARTÍSTICO 2 BACH
    • 1 AVALIACIÓN
      • 1 TAREFA
      • 2TAREFA
      • 3 AUTORRETRATO NUN BODEGÓN .
      • BOCAS
      • LOITAMOS CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS
    • 2 AVALIACIÓN
      • RETRATO
    • 3 AVALIACIÓN
      • PROXECTO "SERIE6"
      • FIGURA HUMANA
    • CARPETAS 2 BACH DEBUXO
  • DEBUXO ARTÍSTICO 1 BACH
    • 1 AVALIACIÓN
      • 1 TAREFA
      • 2 TAREFA
      • 3 TAREFA ESFERA
      • 4 TAREFA Big Valise
      • 25N
    • 2 AVALIACIÓN D1
      • RETRATO
    • 3 AVALIACIÓN D1
      • FIGURA HUMANA
      • BOSQUEXOS MURAL
      • B.S.O.
  • CARPETAS DEBUXO 1BACH
ARTEsoliño
cine origen 1.pdf

BIOGRAFIA

CÁMARA LUMIERE https://youtu.be/J4A8F6xeEb8

https://educomunicacion.es/cineyeducacion/comienzoscine.htm#Los%20primeros

GEORGE MELIE https://www.youtube.com/watch?v=qtQwKqXwzyA



RECOMENDO VER:

1.stop trick (literalmente "truco de parar") é un tipo de efecto especial usado no cinema. Ocorre cando se filma un obxecto e, mentres a cámara está apagada, o obxecto colócase fóra da vista da cámara e entón vólvese a acender. Ao ver a película, ao espectador parécelle que o obxecto desaparece.


Georges Méliès descubriu o stop trick accidentalmente cando estaba a rodar o tráfico dunha rúa de París. O mecanismo da cámara atascouse; o tráfico seguiu movéndose normalmente, pero a cámara deixou de rodar ata que Méliès puido arranxar o mecanismo. Máis tarde, ao proxectar a película, quedou atónito ao ver a un autobús transformarse de súpeto nun coche fúnebre. O que realmente sucedera é que o ómnibus moveuse fóra de plano tras atascarse a cámara e fora substituído polo coche fúnebre cando esta seguiu rodando. [1] Méliès usou esta técnica para filmar trucos de maxia. Por exemplo, podía filmar a un mago e a súa moza axudante; o mago facía un xesto e Méliès paraba a cámara. Logo dicíalle á moza que se puxese fose da vista da cámara e empezaba a rodar de novo. Ao ver a película completa, parecía que a moza desaparecera tras o xesto do mago.


Esta técnica non debe confundirse co técnica stop motion, na que se crea a totalidade do rodado fotograma a fotograma


2.A exposición múltiple do negativo foi outro deses trucos cos que experimentou e conseguiu fantásticos resultados.

Trátase de sobreimpresionar as imaxes rodando, por exemplo, sobre un mesmo negativo, conseguindo escenas fantasmagóricas ou de transformación. Nesta liña, o autor francés foi tamén o responsable do nacemento dos fundidos a negro cun sentido narrativo para a historia, de transición ou de final.

Tamén é famoso por aplicar cor ás súas películas. De novo, falamos dun proceso totalmente artesanal, pois os fotogramas se coloreaban un a un e de forma manual, sendo un proceso bastante laborioso. ‘A mansión do diaño‘ de 1896, está considerada como a primeira película coloreada da historia.

Ademais, Méliès foi un artista absoluto que utilizou os decorados para ocultar trampillas e mecanismos diversos que lle permitían facer os trucos máis espectaculares.

Usou pasarelas de vidro cunha base metálica que posibilitaba que os operarios puidesen accionar os dispositivos que facían parecer que os obxectos voasen polo aire. Tamén foi precursor na creación de maquetas, coas que mostraba escenas mariñas con barcos que, en realidade, eran pequenas construcións dentro de bañeiras de auga. De feito, os temas submarinos foron outra das grandes paixóns de Méliès. Para conseguir o efecto de que parecese que os personaxes estaban realmente mergullados no fondo do mar, colocaba un acuario con peixes entre a cámara e a escena que estaba a filmar. De novo, unha idea moi sinxela, froito dunha mente extraordinariamente creativa.




3.Os xogos de escala


As características ópticas das cámaras, que descontextualizan os obxectos e converten o tridimensional en bidimensional, permiten xogos ópticos cos que podes converter o xigante en anano, e viceversa.


Atoparás un exemplo desta trucaxe na película de Méliès L’ Homme à a tête de Caoutchouc, fíxache como aumenta a cabeza do señor barbudo.

Como introducir os xogos de escala no teu vídeo?

Xogando coa perspectiva podes crear ilusións de tamaño e confundir aos espectadores sobre a dimensión do obxecto.

Hai varias posibilidades: por exemplo, sitúa un obxecto preto da cámara para que pareza grande e despois colócao máis lonxe para que pareza pequeno. Ten coidado con outros obxectos de referencia, que che poden estragar a trucaxe!



TAREFA : RESUMEN DO TEMA NO BLOGUE E PRÁCTICA EN GRUPO


TAREFA ( para facer os mércores no salón de actos). en grupo ,4,5 o 6, (3 sesións)

Crear maxia ao estilo de Melié

As curtas teñen que ser mudos, inéditos e durar un máximo de 1 minuto. Se decides incorporar música ou imaxes de terceiros, teñen que estar libres de dereitos. No vídeo terás que usar polo menos un destes tres trucaxes: substitución, sobreimpresión ou xogos de escala. e o efecto croma.

  • TRUCOS

  1. sustitución

  2. sobreimpresión

  3. escala


CONCURSO : https://www.participamelies.com/el-concurso/convocatorias/

Google Sites
Report abuse
Page details
Page updated
Google Sites
Report abuse