Vivir o mar na TVG

Vivir o mar é un programa dos servizos informativos da TVG que comezou a emitirse en xullo de 1995. Este espazo, con vocación didáctica, está especializado na elaboración de reportaxes divulgativas sobre as actividades marítimas e pesqueiras de Galicia, un sector de importancia socioeconómica capital no noso país.

O 20 de decembro de 2012 estiveron con nós gravando e logo fixeron unha reportaxe titulada O MAR NA ESCOLA, no que se recolle a visita ao barco pesqueiro "Pino Ladra", a visita á Lonxa, imaxes da exposición que temos no colexio e a entrevista ao profesor Vicente Míguez.

A reportaxe está comprendida entre o minuto 13 ao 19.