EXPOSICIÓNS

EXPOSICIÓN PRINCIPAL SOBRE

O MAR

O martes, día 9 de outubro, montamos a exposición permanente O MAR.

Para levala a cabo contamos coa inestimable colaboración dos exalumnos e irmáns Suso e Toni Fernández Fernández, naturais de Celeiro, bandeira dos colaboradores sempre implicados en todo tipo da actividades referente á cultura e difusión da marca Celeiro.

O material fotográfico foi cedido polo Seminario de Estudos “Terra de Viveiro”, con imaxes do seu arquivo e do fotógrafo Xavier Lombardero.

A mostra preséntase na entrada principal do colexio.

Na parte esquerda pretendemos representar a réplica dunha chabola cos aparellos propios necesarios para a pesca: redes, agullas de coser o aparello, remos, risón… así coma unha retrospectiva con imaxes da actividade pesqueira nas súas variadas artes: cerco, arrastre, bonito…

Na parte dereita expóñense as roupas de augas e de salvamento marítimo, ademáis dos aparellos relativos á navegación, comunicación e pesca: alidada, compás, sestante, radar, sonda, bitácora, libro de navegación coas páxinas de acaecimentos…

Complétase a exposición cunha mostra de bivalvos e crustáceos do noso litoral e todo ilustrado con fotografías da memoria colectiva mariñeira do noso porto.

Nunha segunda achega de material correspondente á navegación, o Capitán da Mariña Mercante e Práctico de Porto, Andrés Díaz Ferro, colaborou coa mostra aportando cartas náuticas e aparellos de navegación. A súa implicación no proxecto O MAR completarase cunha visita a bordo dun barco mercante, prevista para o vindeiro mes de Novembro. A colaboración dos profesionais do mar seguirá cunha visita guiada ao barco arrastreiro no que nos “embarcará” o Capitán de Pesca José Pino González, ademais dunha explicación práctica que levará a cabo o xefe de cancha de Puerto Celeiro S.A., José Míguez Fernández.

Dende o Centro invitamos ás familias a visitar esta exposición.

CARPINTERÍA DE RIBEIRA

AS FAMILIAS TAMÉN PARTICIPAN

EXPOSICIÓN DE DEBUXOS DE NÓS

SEVERINO BALSEIRO PARDO

RENOVAMOS A EXPOSICIÓN PRINCIPAL

LITORAL E MULLER TRABALLADORA

MULLER TRABALLADORA E MULLER MARIÑEIRA

NO TERCEIRO TRIMESTRE RENOVAMOS A EXPOSICIÓN CON FOTOGRAFÍAS DE

BARCOS, TRIPULACIÓNS E

ARTES DE PESCA