Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s

Para conmemorar o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA,

e dentro do Proxecto O MAR, presentamos un vídeo denuncia sobre a explotación infantil no mundo e no noso entorno.

De certo, o xentilicio de Celeiro (Chilindríns) procede dos antigos "nenos boteiros", aqueles pequenos que axudaban ao trasbordo das tripulacións de abordo á terra e viceversa, cando non había peiraos de atraque. Desde os barcos ingleses que arribaban a Celeiro chamaban a estes nenos boteiros, "childrens, childrens!" ("nenos, nenos!").