Visita do SEPRONA

O martes, 26 de febreiro, tivemos unha visita moi especial:

  • Mª Isabel García Núñez: Sarxento da Oficina Técnica

  • Roberto Pérez Páramo: Equipo de Investigación de Incendios

  • Alberto de Santiago Palmeiro: Cabo 1º, Jefe SEPRONA de Xove

    • (Pai de Celia e Alejandro de Santiago Docampo, alumnos deste colexio)

para darnos unhas pequenas charlas sobre o que fan no seu traballo diario protexendo a Natureza.

O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA)

é unha unidade da Garda Civil en España, encargada da conservación da Natureza e os recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexética, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa Natureza, segundo o artigo 12 da Lei Orgánica 2/1986 de 13 de marzo, de Forzas e Corpos de Seguridade.

Creada no ano 1988 e reorganizada no ano 2000, o SEPRONA ten asignada a misión de evitar agresións ao medioambiente e de protección de mobles e inmobles catalogados como bens do patrimonio histórico en todo o territorio nacional español e no seu mar territorial, incluída a preservación das especies protexidas e ameazadas. A súa base de traballo é moi extensa, debendo os seus compoñentes de traballar con máis de 2000 leis e decretos, sendo a especialidade da Garda Civil que máis lexislación manexa.