Visita á fábrica de Conservas

O martes, 11 de decembro, visitamos a fábrica de Conservas "Alonso" de Celeiro.

Preme para entrar na web PALACIO DE ORIENTENa actualidade Palacio de Oriente mantense fiel ao principio co que naceu: a calidade. Cumprir con iso foi e é o reto diario das 120 persoas que forman parte da organización. A empresa dispón de dúas plantas produtivas, un almacén regulador e unhas oficinas centrais:A fábrica emprazada en Bueu (Pontevedra), zona de gran desenvolvemento de industria relacionada co mar, encárgase da elaboración de toda clase de conservas e especialidades: desde túnidos, ata mariscos e moluscos como os mexillóns, zamburiñas ou navallas, pasando por cefalópodos tales como as luras e o polbo e por suposto as tradicionais especies peláxicas: sardinillas, agullas... É tamén neste centro de traballo onde está situado o almacén regulador, desde onde se despacha mercancía directamente aos clientes e aos depósitos-distribuidores por toda España.

A planta situada en Celeiro (Viveiro-Lugo), en pleno núcleo da Mariña Lucense, está dedicada á elaboración de túnidos, moi especialmente o tradicional Bonito do Norte.

Toda esta actividade coordínase desde as oficinas centrais, situadas en Vigo, cidade tradicionalmente ligada á empresa desde a súa fundación.