O sábado, 26 de xaneiro de 2013, fixemos entrega das dúas botellas que navegarán polos mares e que levan as nosas mensaxes de Paz.
Esta actividade foi noticia na prensa: Clica nas imaxes.
O capitán do Buque inviou notificación de que a botella foi tirada ao mar na situación
43º 01,5' N e 10º 04,9'W
Tamén envía un cariñoso saúdo e recoméndalles que localicen dita situación nun mapa ou carta náutica, sería un bo traballo escolar como colofón á visita ao buque mercante
O luns, 4 de febreiro, os alumnos, xunto co seu profesor Paco, fixeron a localización e este foi o resultado:
Lugar onde foi lanzada a botella do barco mercante.
José Pino González, capitán do barco pesqueiro
"Pino Ladra"
lanzando a botella no mar Cantábrico
A botella tamén foi atopada na praia de Traba en Laxe por Miguel e Mónica
quenes nos enviaron este correo
O domingo, 3 de febreiro, recibimos un correo electrónico comunicándonos que xa foi atopada a botella coas mensaxes de paz. Podemos ler o contido do mesmo na seguinte presentación. Foi moi emocionante!
A noticia na prensa escrita
As mensaxes da botella chegaron ata o colexio "Atalaya" de Santander
que nos enviaron este correo