Mes das Bibliotecas Escolares

BOLSIÑAS PARA LEVAR O LIBRO PARA A CASA

LIBROS PARA A BIBLIOSOÑOS

Para celebrar o Día da Biblioteca mercamos libros novos que podemos ver na seguinte presentación.

Como xa nos chegaron as novas bolsas para levar os libros para a casa, todos os alumn@s de Infantil participaron nun acto onde as profesoras lles explicaron todo o procedemento para levar os libros da Bibliosoños e como teñen que cuidar as bolsiñas azuis.Tamén tiveron tempo para escoitar e ver os vídeos da última canción para a Biblioteca e unha sesión de contacontos da profesora Cristina.

DRAMATIZACIÓN DO LIBRO NADARÍN

Leo Lionni

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.

A mochila viaxeira está pensada para que, desde a Biblioteca Escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura.

A mochila é o soporte que permite aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola na súa labor común para a formación dos lectores máis novos.

A fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa será variada: unhas veces por orde alfabética outras por sorteo ou por orde de petición...

En canto á periodicidade non sobrepasará dunha semana, tamén dependerá do número de alumnos e alumnas do curso.

No mes de outubro preparamos moitas actividades para celebrar o Mes das Bibliotecas Escolares.

O mércores, 10 de outubro, fixemos entrega dos carnets de Biblioteca aos alumnos de primaria e tamén puxemos en marcha as

MOCHILAS VIAXEIRAS...BOA VIAXE!

VISUALIZACIÓN DOS VÍDEOS SOBRE O MAR

A autoría dos vídeos corresponde a Adrián Míguez García, ex alumno do CEIP Antonio Pedrosa Latas.

Nesta primeira achega de vídeos trátase de cinco capítulos adicados ao MAR

PODÉMOLOS VER NESTE ENLACE

MARCAPÁXINAS

Como todos os anos, dende a Bibliosoños, convocamos a todos os alumnos a elaborar os Marcapáxinas con motivo da celebración do Día da Biblioteca.

Este ano o tema está relacionado co Mar.