VÍDEOS DE CREACIÓN PROPIA

A autoría dos vídeos corresponde a Adrián Míguez García, ex alumno do CEIP Antonio Pedrosa Latas.

1º- LITORAL, como fonte de riqueza paisaxística, ademais dunha oferta para turismo e deportes náuticos.

2º- MAR DE ARAL. Os efectos desastrosos da desecación dun mar por culpa da codicia humana que causou a ruina económica e medioambiental no Mar de Aral.

3º- TEMPORAL. A vida dura do pescador en imaxes con barcos capeando o mal tempo.

4º- NAUFRAXIOS. Un recordo dos máis sonados naufraxios con fotos do Titanic, da fragata Magdalena no Museo Naval de Ferrol e das tres lanchas que foron ao fondo na galerna de 1961 na que faleceron 30 mariñeiros de Celeiro, a máis grande traxedia na historia do noso porto.

5º- PESCA DO ARRASTRE. Un vídeo que secuencia o proceso da pesca no arte do arrastre, desde que zarpa o barco ata que descarga o peixe na lonxa para vender.

6º.-NENOS BOTEIROS.Con motivo do Día Internacional dos Dereitos do Neno elaboramos un vídeo que repasa as situacións existentes aínda hoxe en día da explotación infantil. No porto de Celeiro ata mediados do século XX dábase a figura do “NENO BOTEIRO”, que eran aqueles rapaciños encargados de darlles servizo ás lanchas e de axudar o trasbordo das tripulacións do barco a terra e logo de terra abordo cando non había peiraos de atraque. Algunha imaxe do vídeo recorda ós nenos boteiros do noso porto.

Os mariñeiros ingleses que arribaban a Celeiro solicitaban este servizo chamando ós nenos “children, children” (= nenos, nenos), e de aquí deriva o xentilicio dos habitantes de Celeiro, CHILINDRÍNS.

7º.- MEMORIA COLECTIVA. Un repaso ás transformacións no litoral da Ría de Viveiro ao longo destes últimos cen anos con fotografías que ilustran a desfeita sufrida nun patrimonio natural que era unha riqueza en fauna mariña, pero que se foi polo mar abaixo debido á agresión dun mal entendido progreso á ribeira, enterrada con recheos e infraestructuras portuarias.

O obxectivo deste vídeo é promover a curiosidade polo noso contorno de litoral e fomentar o respecto ao hábitat mariño, concienciando da conservación dun ecosistema privilexiado.

8º.- MULLER TRABALLADORA.

9º.- MULLER MARIÑEIRA.

10º.-TRONIO NA ANTÁRTIDA

O Tronio e o único barco galego con licencia (dos cinco españois) que faenan en augas da Antártida pescando con palangres peixe espada; trátase dun tipo de pesca ecolóxica. No vídeo, realizado por un científico que navegou con este barco de Celeiro na costeira 2009/10, móstranse especies mariñas novedosas, ademais das impactantes imaxes dos mares cubertos de bancadas de xeo, growlers e icebergs nunha paisaxe única para contemplar a aurora boreal.

Esta achega ilústranos da relevante dimensión do noso porto de Celeiro na pesca de gran altura dentro do sector globalizado de economía mundial.

11º.- TRIPULACIÓNS

Vídeo en homenaxe aos verdadeiros protagonistas do medio mariño: as tripulacións. Finalmente, quen quedan na memoria colectiva das comunidades mariñeiras son os pescadores e os navegantes da mercante. Escribiu o gran poeta e mariño Manoel Antonio:

E fomos ficando sós,

sen o /mar e sen o barco,

nós.

12º.-EMBARCACIÓNS, ARTES E OFICIOS

Un repaso polo tipo de embarcacións máis usadas nos últimos cen anos en todos os portos galegos e do Cantábrico: traiñóns, botes, lanchas motoras, vapores, boniteiros, arrastreiros... unha mostra da flota pesqueira de Celeiro, dende as tarrafas do cerco ata os grandes barcos conxeladores faenando na pesca de gran altura por augas de Nova Zelanda ou na Antártida.