Visita a un barco mercante
O martes, 29 de xaneiro de 2013, os alumnos e alumnas de 4º curso, xunto cos profesores Paco e Vicente, visitaron o barco mercante Amurdiep, da Compañía Cia. M.T.L. Duisburg.
Foron recibidos polo Capitán do Buque Mr. Lozhkin Alexey e fixéronlle entrega da botella "coas menxaxes de paz".
A continuación os alumnos fixeron un percorrido polas dependencias do barco para coñecer de primeira man como é un barco mercante.
O capitán do Buque inviou notificación de que a botella foi tirada ao mar na situación
43º 01,5' N e 10º 04,9'W
Tamén envía un cariñoso saúdo e recoméndalles que localicen dita situación nun mapa ou carta náutica, sería un bo traballo escolar como colofón á visita ao buque mercante
O luns, 4 de febreiro, os alumnos, xunto co seu profesor Paco, fixeron a localización e este foi o resultado: