Condicións de uso
ARouSA é unha aplicación de uso libre. A súa descarga dende esta web é libre, pero a súa distribución require de autorización expresa. Os usuarios comprométense a citar a aplicación ARouSA na metodoloxía dos traballos nos que se publiquen resultados obtidos con ela, e o sitio web ou calquera outra fonte onde estea accesible. Agradécese a remisión de referencias de traballos, publicados ou non, que empreguen ARouSA na súa metodoloxía.
Agradécese o envío de calquera comentario, suxestión ou informe de erro a arousa2009@gmail.com
Instalación
Para a instalación debe descomprimir o arquivo "Instalar_ARouSA_13_part01.rar" na mesma carpeta onde copiara o resto dos arquivos da web de descargas.
Se ten unha versión anterior instalada previamente non a manteña no mesmo equipo que a nova; garde os arquivos de datos e resultados, así como os catálogos de regresión tamaño - peso e ecuacións de crecemento. Recoméndase facer copias de seguridade destes arquivos. Os autores non se responsabilizan da posible perda de información previa.
O funcionamento da aplicación está baseado en macros de Excel 2003, 2007 e 2010 editadas con Microsoft Visual Basic 6.3. Para que estas macros poidan funcionar estableza a seguridade de macros de Excel en nivel medio (Menú de Excel – Ferramentas – Macro – Seguridade – Nivel de seguridade). Habilite as macros cando Excel llo solicite. Para o funcionamento dalgunha das ferramentas que empregan regresións cómpre que Excel teña instalados os complementos “Ferramentas para análise” e “Ferramentas para análise- VBA” (Menú de Excel – Ferramentas – Complementos Ferramentas para análise).
Execute o arquivo arousa.exe para iniciar a aplicación.
Descargas
Acceda á descarga dos arquivos que compoñen a aplicación. Siga as instrucións de instalación para asegurar un correcto funcionamento. O arquivo ARouSA_09_manual.pdf conten a documentación de ARouSA (versión 10.02) actualizada trala súa publicación pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia (ISBN: 978-84-453-4863-5). As ferramentas posteriores á publicación do manual contan cos seus propios manuais individualizados. As principais modificacións que se produzan nas seguintes edicións de ARouSA estarán rexistradas nas sucesivas versións do arquivo Actualizacións.pdf.
Na carpeta Utilidades poderá descargar arquivos relacionados coa documentación complementaria da aplicación.
© José Manuel Parada Encisa.