A estrutura de tallas dunha poboación permite identificar as cohortes que a compoñen. A diferencia na densidade dunha ou varias cohortes entre dúas avaliacións do stock sucesivas constitúe a mortalidade total sufrida no tempo que separa as devanditas avaliacións. Si durante ese tempo as cohortes estudadas non estiveron expostas a explotación, a mortalidade total pode considerarse como mortalidade natural, pero en caso contrario, a mortalidade rexistrada correspóndese á suma da mortalidade natural e a mortalidade por pesca. Coñecida a mortalidade por pesca ou a mortalidade natural, unha ou outra pode ser deducida como diferencia entre a mortalidade total e a coñecida das dúas. A ferramenta complementaria denominada “Cálculo de mortalidade” permite realizar estas estimacións.
A mortalidade por pesca pode determinarse de xeito aproximado na medida en que se coñezan a superficie do banco, as cantidades capturadas e a estrutura de tallas das capturas (Parada e Molares, 2008). Aplicando as regresións talla – peso máis axeitadas entre as incluídas nun catálogo de regresións, a aplicación ARouSA permite estimar as capturas dunha ou varias cohortes en termos de densidade, asignando unha estrutura de tallas ós rexistros de capturas, e convertendo o resultado en número de individuos capturados na superficie do banco. A mortalidade por pesca dunha ou varias cohortes é calculada por comparación entre a densidade representada polos individuos desas cohortes que foron capturados e a densidade das cohortes no momento inicial.
Os resultados obtidos porden ser gardados nun informe electrónico que contén unha cabeceira identificativa da mostraxe orixinal, os datos orixinais, os parámetros empregados no cálculo e os resultados obtidos para as taxas de mortalidade instantánea e finita tanto a escala diaria como anual, e para periodo estudiado. Ademais, no informe amósanse os valores correspondentes ás estruturas de tallas da poboación inicial e final e das cohortes seleccionadas.
Na carpeta "Documentación" pode atopar esta información ampliada e en formato pdf.